sábado, 16 de abril de 2016

Sapos de esporóns (Pelobates cultripes) nas provincias costeiras galegas.

O sapo de esporóns (Pelobates cultripes) pasa por ser un dos anfibios máis escasos de Galicia, e como tal aparece incluído no Catálogo Galego de Especies Ameazadas. A súa distribución en poboacións isoladas e espalladas polas catro provincias galegas, ademáis da desaparión de moitas elas acontecidas nos derradeiros trinta anos, xustifica sobradamente este feito.

Os hábitos nocturnos e cavadores da especie non facilitan en absoluto a súa detección, facendo dela unha especie dificil de prospectar. Estes requerimentos ecolóxicos fan que o sapo de esporóns apareza sempre asociado a lugares de chans soltos como areais costeiros, acúmulos sedimentarios asociados a cuncas fluviais ou turbeiras. Históricamente, debido ao desenrolo urbanístico do litoral, as poboacións asociadas a areais costeiros e complexos dunares, foron as máis alteradas, desaparecendo ou mermando considerablemente gran parte delas.

Asemade, a roturación e forestacións das turbeiras teñen sido un problema engadido para a supervivencia da especie. No interior, a drenaxe de zonas húmidas, vitais durante o prolongado período de desenrolo larvario da especie, ten sido catrastófico para certas poboacións, así como o uso indiscriminado de de productos fitosanitarios nas estradas. En todas as súas poboacións descoñécese por completo a incidencia da depredación por parte de certas especies invasoras coma visóns ou cangrexis americanos, aínda que se presume que pode ter un gran impacto.

Nas provincias galegas costeiras como Pontevedra e A Coruña, a alteración indiscriminada do hábitat natural do sapo de esporón ten sido especialmente catastrófica. A urbanización do litoral, a forestación de certas serras litorais e a dranaxe das máis diversas zonas húmidas ten sido a causa da merma do 80% da área de distribución da especie, con extincións destacadas de poboacións insulares. Na actualidade Pontevedra conserva aínda poboacións viables, pequena mostra das poboacións pretéritas. No Grove, atopamos una das máis coñecidas, gravemente ameazada pola urbanización da franxa costeira.

Estas imaxes proveñen da poboación do Grove (Pontevedra), esta poboación aparece asociada a sistemas durares e arxilosos da zona. Anterga gran metapoboación, a día de hoxe presenta unha forte fragmentación, con pequenas áreas de dispersión á súa disposición, e escasos puntos de auga para reproducirse, ameazados algúns deles polo aumento da salobridade. No actual escenario climático, as poboacións de Pelobates cultripes asociadas a ecosistemas costeiros, son as que presentan un maior grao de ameaza, debido ao aumento do nivel do mar.





















Nembargantes, non todas as poboacións de Pontevedra están asociadas aos ecosistemas costeiros, algunhas viven nas turbeiras que atesouran algunhas das súas serras. Quizáis a poboación desta índole con maior saúde sexa a da serra da Grova. Situada no sur da provincia, este espazo natural acolle algúnhas das máis espectaculares comunidades biolóxicas da provincia. 

Nesta serra que recorre paralela o litoral dende o Baixo Miño até a Ría de Vigo, vive unha interesante poboación de sapos de esporóns asociadas ás turbeiras e lagoas da serra que conqueriron salvalse da forestación que afecta á gran parte do lugar, e que alimentan a unha salientábel comunidade gandeira en extensivo.

Esta poboacíón, dada por desaparecida e redescuberta en diversas ocasións, supón na actualidade, un pequeno expoñente do que debeu ser a súa área de expansión orixinal na serra. Ameazada polas drenase de turbeiras para a plantación de especies arbóreas para a explotación forestal, ocorrida frecuentemente na zona.




















Ímos achegar agora a unha poboación de sapo de esporóns da provincia da Coruña, neste caso á que fai do Parque Natural de Corrubedo o seu fogar. Este parque natural de case 1000 ha, protexe un ecosistema dunar de gran valor ecolóxico e conta ademáis de con  km de dunas, con vaias lagoas, coma Olveira, Vixán e Carregal, tamén de alto valor ecolóxico.

A zona, ameazada coma tódolos ecosistemas costeiros pola especulación urnabística e a masificación turística, conta cunha das poboacións galegas máis septentrionais de sapo de esporóns. Moi mermada nos derradeiros anos, xa que até a súa protección, este espazo natural sufriu diversos procesos de intento de fixación das dunas mediante a prantación de piñeiros.




4 comentarios:

  1. Interesante post Alberto! O único dicir que "provincias" litorais en Galiza hai tres, actualmente: Pontevedra, A Coruña e Lugo. E permíteme engadir que, desde unha visión histórica, a definición de "provincia" cambiou moito co tempo, e se designou como tal ao reino de Galicia, logo a sete entidades administrativo-relixiosas do territorio galego ata 1833 e, desde esa data, a un ente explicitamente centralizador "parido" por Javier de Burgos e "benzoado" desde Madrid que hoxe en día ten esencialmente o valor de circunscrición electoral e de designación de deputados para o parlamento e senado español. Non tería porque ser un referente de nada máis que iso, e máis en Galiza, onde as provincias non se corresponden con ningunha unidade xeográfica nin social. Pola contra, a figura de "comarca" ou "bisbarra" é moito máis acorde coa realidade xeográfica e social galega, e moi acaída para falar do territorio: comarcas litorais, comarcas da montaña oriental, comarcas cantábricas, comarcas de influencia mediterránea. Era iso só, desculpa a chapa. Unha aperta, Damián

    ResponderEliminar
  2. Concordo, Lugo ten costa, mais os seus Pelobates viven en Monforte, e polo tanto non son costeiros, quizáis non me expresei ben de todo. Sobor das provincias, acho que na actualidade a Galiza ten oficialmente catro provincias, nos guste ou non, finalmente é unha maneira de situarse, xa sabemos que os bichos non entenden de marcos, fronteiras ou lindes. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. Coa palabra "comarca" tamén me sitúo. Moito mellor... Apertas!

    ResponderEliminar
  4. Chamademe tolo, pero dame a min que xestionar o Pelobates (ou calquera especie ameazada) en base as bisbarras ten tanto futuro coma chorar polas variedades do galego versus o normativo.
    Cecais o mais loxico seria falar de rexions bioxeograficas ou habitats, pero a nivel de xestion non queda mais remedio que asumir que a Xunta o divide en provincias,sen que teña moito senso.

    Cesar

    ResponderEliminar