miércoles, 6 de abril de 2016

A tenencia responsable de gando.

"O que teña facenda que a atenda e se non que a venda"- Refrán popular galego.

Nos derradeiros anos observamos como teñen xurdido un bon puñado de leis en contra do abandono e maltrato de animais domésticos, principalmente cans e gatos, auspiciadas por un bon número de iniciativas baixo a denominación de "tenencia responsábel". Sen embargo creo, sinceramente, que este termo tería que ser extendido a todo tipo de animais domésticos, dende vacas, porcos ou cabalos a pitas, pavos ou coellos.

No tocante ao chamado gado maior (vacas, burros e cabalos), temos en Galicia varias formas de explotación. A máis anterga delas é a denominada "en extensivo", na que o gando pasa gran parte do tempo en liberdade. Esta forma de explotación é sen dúbida a máis adecuada para o benestar do animal, fronte a aquelas que teñen aos animais encerrados en catro paredes sen ver o Sol durante toda a súa vida. Mais aínda dentro deste tipo de explotación temos varias formas de actuar, xa que podemos ter o gando todo o ano no monte e ir recoller as crías cando proceda, ou ben telo pastando ceibe, e gardalo cando as circunstancias así o precisen.






A día de hoxe temos, asemade, varios tipos de gandeiros, aqueles para os que a súa actividade principal é a gandeiría, e aqueles para os que a explotación gandeira supún un suplemento económico para a súa actividade económica principal, e quizáis estaxa aquí un dos principais problemas que atopamos paar a correcta protección do gando, asemade, de supor unha competencia desleal entre eles, xa que non xogan en igualdadede condicións.

O gado ceibe que atopamos nos montes tende a sincronizar os partos, este feito fai do momento das pariduras un intre especialmente sensíbel para as vacas, que soen apartarse dos rabaños para dar a luz. Asemade, a expulsión das placentas pode atraer aos depredadores, polo que é recomendábel, quizáis imprescindible, gardar o gando a bon recaudo durante esta época do ano.










Segundo nos contaron nunha explotación de vacas cachenas da Baixa Limia, eles teñen o gando todo o ano no monte. Cun total de 300 cabezas, están divididas en tres mandas ou rabaños diferentes. Cando a época dos partos chama á porta gárdanse as femias na corte até que dan a luz. No memonto que esto ocorre, os xatos ou becerros quedan na casa, namentras que ás nais se lles permite sair. Ao quedar na corte o becerro, a nai, por instinto, regresará á casa para darlle de mamar ao becerro cada noitiña. Cando os becerros acadan un peso adecuado permíteselles sair xa coas nais, e daquela xa non voltan, e durmen no monte. 







En zonas especialmente afastadas de zonas habitadas, a recuperacións dos curros para garda-lo gando faise especialmente necesario para evitar o sempiterno conflicto entre o gando e os depredadores (o lobo especialmente), pero claro, esta actividade precisa de traballo diario, o de abrirlle e pecharlle ao gando a diario, e, evidentemente non é compatible con ir a ver por onde anda o gando unha vez cada quince días dende un 4X4, que é un costume cada vez máis extendido. Resulta paradóxico que o traballo de certos gandeiros se limite a contar cantas vacas ou becerros teñen cada dúas semanas, e o de outros se bese en gardalo gando a diario sen coñecer siquera o que é un día libre ou festivo. como ningunha destas cousas teñen por que ser así, certos gandeiros asócianse para ter días libres e termar do gando uns dos outros, así consíguese compaxinar unha vida laboral digna coa explotación racional dos recursos naturais.






A utilización de razas autóctonas, asemade, resulta máis recomendábel para a explotación de gando montresco, pola sua alta capacidade de adaptacións ao monte galego, e porque aínda reteñen parte do comportamento dos herbívoros silvestres que lle deron orixe, e que son especialmente útiles perante aos ataques dos depredadores.

Polo tanto, quiáis sexa necesario comezar a pensar que unha explotación de gando en extensivo ten varias formas de realizarse, dunha forma responsábel, ou, dunha forma irresponsábel, que abandona animáis domésticos, agardando que milagrosamente non lles ocorra nada...







2 comentarios:

  1. As miñas vacas paren no monte e crian elas solas non lles pasa nada. O que hai e que mirar todos os dias para elas e non ser gandeiro de pacotilla e ser funcionario e ir velas cando tes o dia libre. O que ten que acabar a sociedade e cos que fan practicas asi, as inspeccions teñen que acabar cos gandeiros a tempo libre porque do que non vives non miras pa el

    ResponderEliminar
  2. Grande, pero que moi grande comentario, moitísimas grazas!!!, por sorte temos gandeiro con cabeza, por desgraza, os que máis ruido fan son os que menos cabeza teñen. Un saúdo.

    ResponderEliminar