Mostrando entradas con la etiqueta O Condado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O Condado. Mostrar todas las entradas

sábado, 11 de junio de 2016

O sardón (Timon lepidus) o lagarto arnal a carón do Miño pontevedrés.

Sardón é un vernáculo utilizado para denominar ao lagarto arnal ou arnao (Timon lepidus) en certos puntos do Baixo Miño, este vernáculo é similar ao portugués sardão. O sardón é o maior lacértido da Gallaecia, e está amplamente distribuido pola nosa terra. En castelán recibe o nome de "lagarto ocelado" debido ás pintas azuis (ocelos) que a especie posúe nos costados. A cor xeral do corpo é verde.




Sendo o lagarto arnal un dos maiores réptiles da Galiza, e sendo como é esta terra propicia para al lendas e as hsitorias fascinantes, non nos sorprende nada que o lagarto teña no maxín popular un papel protagonista.  Popularmente o lagarto ven sendo asociado á figura masculina e a cobra á feminina, pola contra o lagarto ten sido secularmente considerado coma un inimigo das mulleres, con un bon número de lendas que tratan de demostrar a inquina que este réptil ten ao sexo feminino, sendo definido casi coma un animal misóxino. Nin que dicir ten que este tipo de crenzas carecen de calquera fundamento real. Asemade existe a crenza de que lagartos e cobras (homes vs mulleres) protagonizan un secular enfrontamento.

En certos lugares crese tamén que o lagarto amosa a presenza das cobras para que os homes as maten, de feito asegúrase que o feito de que o lagarto levante a cabeza cando está a asolearse é indicativo da presenza dun ofidio nas cercanías. Na Limia (Ourense) dise que cando se ve un lagarto a cobra non anda lonxe. este aparente enfrontamento entre lagartos e ofidios fai que en algúns puntos da xeografía galaica o lagarto fose un animal certamente apreciado.

O lagarto aparece tamén reflexado no refraneiro popular do país, un exemplo sería "En marzo saca a cabeza o lagarto, i en abril saca o resto".






O lagarto arnal é unha especie protexida no noso país coma todas as especies de herpetos, polo que a súa morte está penada pola lei, a pesares desta protección os lagartos poden chegar a ser eliminados a causa do medo que este grupo e vertebrados produce en cretas persoas. Asemade tamén ten sufrido os profundos cambios na paisaxe galaica, coma a eliminación sistemática dos muros de pedra, a plantación indiscriminada de monocultivos forestais, os atropelos nas estradas, as concentracións parcelarias, etc, etc.

Nas imaxes un sardón, fotografado no sur da provincia de Pontevedra en datas recentes, en actitude defensiva, coa cabeza erguida e a boca aberta. Os lagartos son totalmente inofensivos para o home, e escapan á menor oportunidade.







miércoles, 8 de junio de 2016

Cobra lagarteira meridional (Coronella girondica) a maldición de ser pequena.

A gran maioría das cobras que reptan polas terras galaicas son totalmente inofensivas para o home, non nos cansaremos de dicilo, nembargantes, este fascinante grupo de herpetos sofre, dende hai séculos a persecución froito do medo que éstes causan nunha parte da poboación. A diario asistimos á redacción de titulares xornalísticos que afondan e aumentan a alarma frente a presenza de réptiles en zonas poboadas, como si esta presenza non fose totalmente normal e natural, como si nesta nosa terra xa non quedase lugar para o resto de habitantes animados da nazón.

Certo grupo de ofidios, debido ao seu tamaño e diseño, son frecuentemente confundidos coas víboras, as únicas especies de ofidios galegas cuia mordedura pode ser perigosa para o ser humano, e que , por certo, son cada día máis escasas. Unha destas especies é a cobra lagarteira meridional (Coronella girondica), un pequeno ofidio de tons grisáceas, TOTALMENTE INOFENSIVA PARA O HOME. 

A cobra lagarteira meridional é un dos oficios máis característicos do Sur de Galicia, tendendo a escasear no norte da comunidade debido ás súas tendencias termófilas, nas zonas máis frías e húmidas, así coma nos cumios das serras tende a ser sustituída pola súa parente cercana a cobra lagarteira común (Coronella austriaca).

Nas imaxes tendes un exemplar novo desta especie fotografado do Sur da Provincia de Pontevedra, nestes días e até o final do verán eclosionarán as postas desta e doutras especies de ofidios, producindo unha certa abundancia de exemplares xuveniles. O feito da eclosión simultánea das postas de cobras, unido á formación de "nudos de cobras" cando varios machos dunha especie tentan copular coa femia, está detrás da famosa lenda de que a Xunta ou os ecoloxistas botan serpes, ás veces incluso dende helicópteros.

Dende Fauna da Gallaecia queremos pedirlle, encarecidamente, aos medios de comunicación, que deixen de sementa-la alarma da presenza de ofidios en certos barrios das vilas galegas, xa que esa presenza é totalmente natural, e completamente desexable para o control das pragas de roedores que poidan xurdir nas áreas urbanas e suburbanas da Galiza. Na maior parte dos casos, por non dicir en todos, estes episodios divulgados pola prensa están protagonizados por ofidios totalmente inofensivos, nunha alta porcentaxe especies de hábitos anfibios, habitantes dos cursos fluviais que cruzan os núcleos de poboación, ou habitantes dos oasis de biodiversidade que hortas e solares sen urbanizar supoñen para certas especies de herpetos, coma é o caso da especie que hoxe nos ocupa. Ante a dúbida a resposta de actuación é moi sinxela, se vostede ten medo aos ofidios e ve algún, non pare continúe o seu camiño, ese ofidio continuará coa súa vida e vostede tamén,