Mostrando entradas con la etiqueta peixes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta peixes. Mostrar todas las entradas

jueves, 7 de abril de 2016

O encoro de Frieira, unha fronteira na Europa do século XXI que debe desaparecer.

"O home razoable adáptase ao mundo; o irrazoable tenta adaptar o mundo a sí mesmo. Así pois, o progreso depende o home irrrazoable"- Greorge Bernard Shaw (1856-1950) -escritor irlandés.

Entre os anos 50 e 60 do pasado século XX, en pleno réxime franquista, foron concedidas gran parte das concesións da explotación hidroeléctrica do río Miño., dando o pistoletazo de saída para a construcción de presas hidroeléctricas en toda a cunca nos anos posteriores. A construcción desas presas non tivo en conta por aque entón a fauna piscícola migradora habitante do río coma salmóns, reos, lampreas, sábalos ou sabogas.





Cando remontamos o río Miño dende a súa desembocadura, na confluencia das provincias de Pontevedra e Ourense, cara a cara os concellos de Crecente e Padrenda, atopamos co primeiro gran obstáculo na cunca do río, o muro de 33 metros de altura do encoro de Frieira. Este encoro, con ningún aproveitamento á marxe da producción hidroeléctrica, supón a barreira infranqueable que impide que as especies de peixes migradoras alcancen dúas das principais subcuncas fluviais da provincia de Ourense, a do Arnoia e a do Avia, históricamente ríos salmoneiros.



Soio a demolición do encoro de Frieira, xa solicitada no ano 2013 pola desaparecida asociación ecoloxista Coto do Frade, suporía a liberalización dunhas cunhas hidrográficas para as poboacións piscícolas da orde de máis de 1500 km2, abrindo para a migración dos salmóns, anguías e lampreas os ríos Arnoia e Avia, co conseguinte beneficio económico para as poboacións que atravesan, como Allariz e Ribadavia.

Supoño que esta iniciativa a moitos vos parecerá unha tolemia propia dun iluso, mais en ocasións, para conquerilo progreso dunha terra hai que aunar forzas á marxe de siglas ou cores políticas, simplemente razoando, entre todos os sectores sociais o beneficio que o desmantelamento do encoro de Frieira tería para unha provincia que sufre coma ninguén o despoboamento e a marxinación económica.






Por último, gustaríame que pecharades os ollos, e que imaxinedes, por un intre, que todo isto se fai realidade, que os ríos Avia e Arnoia verten as súas augas a un Miño libre, que volta a ter o aporte sedimentario que agora ten secuestrado polos encoros, que estades a pasear por Allariz, vendo como os salmóns saltan por fronte da Casa do Coiro, que estades a pasear por Ribadavia, na festa da Lamprea, seguro que este é un soño que entre todos podemos pedir...

A falla de ambición fai en ocasións que metas que nos plantexamos parezan imposibles, mais esta meta que propomos hoxe é totalmente factible, e económicamente totalmente viable, esta é, non o nego, onha proposta ecolóxica, pero seguro que moitos estades con ela, pescadores, hostaleiros das zonas afectadas, habitantes e alcaldes das vilas nomeadas seguro que vedes que as posibilidades do desmantelamento desta fronteira son infinitas, comparte entón si estás dacordo...

viernes, 1 de abril de 2016

A Rañosa ou Bermelliña (Achondrostoma arcasii), pequeno tesouro da fauna galaica.

"Dime e esquezoo, ensíname e recordoo, involúcrame e apréndoo"- Benjamin Franklin (1706-1790)- científico e estadista estadounidense.

Os peixes das augas continentais son na maior parte das ocasións, os grandes esquecidos do naturalismo galaico e peninsular. Até tal punto que son contadas as achegas de información ou bibliográficas que dende o Noroeste Peninsular se teñen escrito sobre este peculiar grupo de vertebrados. 

Hoxe ímos profundizar na berbelliña ou rañosa (Achondrostoma arcasii). a rañosa (ou reñosa) é un pequeno peixe de auga doce endémico das cuncas fluviais do Norte Peninsular. En Galicia está presente nas cuncas do Douro, Miño, e nos Ríos que desembocan nas Rías Baixas. 

Trátase dun ciprínido de entre 5 e 12 cm. de cor dorsal parda averdezada e ventral prateada cunha característica liña lateral de puntos escuros. Posúe a base das aletas avermelladas, o cal representa unha característica diagnóstica clara para a identificación da especie, ademáis da boca subterminal.

Existen ao parecer difenrencias considerables entre as poboacións das diferentes cuncas peninsulares, o que fai pensar que en realidade existan diferentes especies en elas.

Pola súa restrinxida área de distribución e pola merma considerable da súa densidade poboacional debido á contaminación, canalización e ancoramento de ríos, está considerada unha especie ameazada e incluída na lista vermella da UICN (Unión Internaciónal para a Conservación da Natureza) coa categoría de "Vulnerable".







viernes, 4 de diciembre de 2015

Un gaivotón con historia.






















O gaivotón (Larus marinus) e o lárido ou gaivota de maior que podemos observar na Gallaecia. Antano invernante raro e irregular, co paso dos anos tornouse unha especie máis frecuente, sen chegar a ser abundante, chegando a nidificar escasamente en algúns illotes e cantís mariños do noso territorio.

O gaivotón, como o seu propio nome indica, é unha gaivota de gran tamaño, a maior do continente, e cun manto escuro, case negro no caso dos adultos, que contrasta co resto do corpo, de cor branca inmaculada. No caso dos xuveniles e subadultos a identificación complícase algo máis pero o tamaño, claramente maior á maioría das gaivotas, axudaravos a identificar esta especie.

Desta volta achégovos unha observación realizada na Xunqueira da Ramallosa (Nigrán-Pontevedra), alí onde o río Miñor se une co Atlántico despois de darlle nome a unha bisbarra enteira "O Val Miñor". Así o pasado día 21 de novembro de 2015, e na compaña de Marcos R. Pantoja, Miguel Costas e Dani, foi observado un exemplar adulto desta especie depredando unha soia (Platichthys flesus), peixe plano habitual nas desembocadura dos ríos da Gallaecia. Para máis INRI o gaivotón en cuestión estaba anelado en PVC co código 10K NEGRO, sendo ao parecer un vello coñecido dos lectores de anelas. Este exemplar fora anelado en Normandía (Franza) en 2011, e ten sido observado frecuentemente dende o ano en que foi anelado, en diversos puntos das rías Baixas galegas, e especialmente na desembocadura do río Miñor. Tendes máis info no blogue de Antonio Gutierrez picando aquí e aquí . Como vedes este exemplar ten un amplo historial de rexistros que aporta unha valiosa información. Esta información ven dada polo uso, máis ou menos recente, de anelas de PVC de lectura a distancia, que se revela, en liñas xerais, moito máis eficaz que o anelamento en metal, xa que non se precisa a captura do exemplar para o acceso á información do mesmo, abrindo por si mesmo un novo ámbito no mundo da ornitoloxía, como é a lectura de anelas, que cada ano gaña máis adeptos.

E como é de ben nacidos ser agradecidos, aproveito para agradecerlle a David Sobreira a máis que pronta achega da información sobre o historial deste exemplar, observación e información en tempo real son cousas que se agradecen moito.