Os vindeiros días 4 e 5 de setembro terán lugar as II xornadas ambientais da Comunidade de Montes de Coruxo, onde entre outros grandes, estarei eu presentado unha palestra sobre a fauna extinta da Gallaecia, agardámovos no local da comunidade de Montes.
Desta volta vouvos propor unha viaxe polos elementos faunísticos tristemente desaparecidos da nosa terra no período histórico máis recente, dende o sollo ou esturión (Accipenser sturio) até o queixa ou lince boreal (Lynx lynx)
Mostrando entradas con la etiqueta Extintas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Extintas. Mostrar todas las entradas
viernes, 2 de septiembre de 2016
sábado, 2 de julio de 2016
Sobre a posíble presenza histórica do porco-espiño (Hystrix cristata) na Península Ibérica
Teño que confesarvos que esta é unha histórica que leva dando voltas na miña cabeza largo tempo. O estudo da fauna histórica na Gallaecia, ou mesmo no resto da Península, ten en ocasións serios tintes criptozoolóxicos, e baixo esa metodoloxía hai que en ocasións mergullarse fondamente para pescudar sobre os misterios faunísticos da nosa terra. Eses enigmas que poucas veces, quizáis por medo a mete-la pata, son atinxidos polo groso dos naturalistas, salvo contadas excepcións.
Hai tempo xa topeime, non sin certa sorpresa, sobre a mención que o naturalista ferrolán Victor López Seoane, fai con respecto a presencia do porco espiño na Galiza do século XIX, así o insigne e histórico estudoso da fauna do noroeste inclúe a esta especie na súa obra "Fauna mastológica" (1841) baixo a seguinte premisa: "El puerco espín- Hystrx cristata-Limn. Sin nom. vul. gallego pues aunque me dijeron que le daban el de puerco espiño, creo muy bien que lo confundan con el erizo. Debe ser muy raro en Galicia por que yo nunca lo he visto, y solo lo incluyo por hallarse citado en la mencionada obra del señor Alonso, en la de Padín" máis adiante na mesma especie menciona a presenza da especie en Extremadura, Andalucía, Valencia e Murcia, ademáis de outros puntos de España.
Na obra de Leopoldo Matínez Padín "Historia política, religiosa y descriptiva de Galicia" (1849), efectivamente fai unha pequena achega á fauna galega na que nomea ao porco espiño e ao ourizo por separado, polo que nun principio parece que pode desbotarse unha confusión entrambas especies.
No tocante ao resto de España, as referencias á presenza da especie no terzo meridional da Penínsulas son relativamente frecuentes entre os séculos XVIII e XIX, para rematar por desaparecer por completo chegado o século XX, onde as únicas referencias actuais atopadas en territorio español atinxen ás cidades autónomas de Ceuta e Melilla, situadas no Norte de África.
En 1833 o autor frances Buffon, claro inspirador da obra do galego Seoane, nomea a presenza da especie en Europa non soio no leste e na Península Italiana, onde a especie aínda está presente a día de hoxe, senón tamén na Península Ibérica baixo os seguintes termos "edl puerco espín, aunque originario de los países más ardientes de África y de la India, vive y se multiplica en los países menos cálidos, como Italia, España y Persia. Agrícola dice que no se trajo la especie hasta los siglos últimos: hállase en España y más comunmente en Italia, con especialidad en los Montes Apeninos (...)"
Nas actas da Sociedad Española de Historia Natural de 1888, fálase da especie nos seguintes termos:
"(...)desconocido el nombre de puerco-espín, nadie me ha asegurado verlo visto. Añadiré a esto que recientemente a los referido puntos y las contestaciones han sido todas negativas: he preguntado a Andújar (Jaén) a Zafra (Badajoz), a Huelva y a los pueblos más principales de esta provincia, y en unas localidades no lo conocen, en otros lo confunden con Erinaceus europaeus, y en otras, por último, afirman que ha existido, pero que no se encuentran en la actualidad.
Según los datos que acabo de anotar, desde lueno me inclino a negar la actual existencia de dicha especie en nuestra Península. En verdad algunos autores nos dicen que existe al S de España, pero yo creo que dicho esto de una forma tan vaga, parece que han transcrito a las páginas de sus libros referencias más antiguas (...)Por mi parte creo inverosímil que pueda hallarse en España algún representante de la citada especie.
De lo antecedente se desprende como corolario la siguiente pregunta: si ha existido el Puerco espín en el Sur de España como no podemos menos que admitirlo. ¿que causas han contribuído a su desaparición? (...) "
En 1874 Pero Tafur, na súa obra "Andancas e viejes por diversas partes del mundo...", nomea a presenza da especie en Extremadura e Andalucía baixo o nome de "puercrespines"
En 1863 a obra "Elementos de Zoología" define á especie nas súas páxinas e nomea a súa presenza en Andalucía e Extremadura.
En 1888 nos Anales de la Sociedad Española de Historia Natural., nomea á especie cunha curiosa anécdota "Noticioso de que se citaba de Extremadura, en las inmediaciones de Trujillo, trató, aunque en vano, de procurarse un ejemplar por lo cual deduce que, si esta especie existe aún, debe ser muy escasa... el año 1876, á un campesino que traía un puerco- espín, proponiendo su compra." En Gibraltar nomea o achádego de púas da especie.
En 1897 Graells na súa obra "Fauna mastodológia ibérica" ante a ausenza de referencias nacionais da especie fronte aos numerosos reportes do extranxeiro remata por resolve-lo enigma do seguinte xeito "(...)respecto a la existencia del puerco espín en Extremadura y Sierra Morena, No me cabe duda que, tanto en esta última región como en Galicia la presencia del gran roedor en que nos ocupamos, solo se ha fundado en que los portugueses vecinos dan el nombre de porco espinho al erizo(...)
No tocante á Galiza, existe na bisbarra da Limia a crenza de que existen dúas especies de mamíferos con espiñas, un con "fuciño afilado" insectívoro e bon para o control de pragas nas hortas, chamado "ourizo cacheiro" e outro maior e con "fuciño de porco" que se cazaba ou podía ser mantido en catividade para o seu engorde, e que rea apto para o consumo humano, algo que por outra parte, tamén ocorría co "porco teixo ou teixugo" que tamén era capturado e engordado na Limia para ser consumido.
Na actualidade téndese a pensar que a poboación europea da especie débese á introducción da especie polos romanos para o seu consumo dende o Norte de África, nembargantes a espece aparece no rexistro fósil ibérico, tamén en todo o Sur e Centro de Europa, até o cuaternario tardío, polo que non pode descartarse que a pesenza europea da especie sexa natural. Existe, asemade, no Alentejo portugués unha poboación fuxida da catividade en aparente expansión polo centro do país veciño.
domingo, 13 de marzo de 2016
Gallaecia e Iberia, as terras da simpatría dos linces en Europa.Europeos e Ibéricos.
"A pesares do meu escepticismo quédame algo de superstición. Por exemplo, esta extrana convicción de que tódalas historias que ocorren na vida teñen ademáis un sentido, significan algo. Que a vida, coa súa propia historia dí algo sobre sí mesma, que nos desvela gradualmente algún dos seus segredos, que está ante nós como un acertixo que é preciso resolver" - Milan Kundera (1929-) escritor checo.
Moitas veces temos fallado da fabulosa e case mítica riqueza ambiental que a Gallaecia tivo, e en parte segue a ter, no contexto Ibérico, formando parte desa terra peninsular chamada Iberia. Parte desa riqueza ven dada pola historia xeolóxica do Noroeste ibérico, pola nosa agrestre xeografía, pola súa privilexiada posición no Suroeste Europeo, mirando a poñente, alí a onde medio continente peregrinaba para ver morre-lo Sol no Océano Atlántico. A nosa posición xeográfica, a cabalo entre diferentes dominios climáticos, e a nosa latitude, fixo do país un acubillo faunístico imprescindible durante os diferentes períodos que o planeta ten vivido. Durante as glaciacións, acontecemento climatolóxico prehistórico non soio Gallaecia, senón toda a Península Ibérica, actuou coma refuxio da fauna continental expulsada do seu territorio por glaciares de kilómetros de expesor.
Recentemente tivemos constancia dunha nova sorprendente á par que esperanzadora, Kentaro, un lince ibérico (Lynx pardina) posto en liberdade en Castela-A Mancha polo proxecto de cría en catividade e reintroducción desta especie endémica e en perigo de extinción, chegaba a Ourense depois de recorrer máis de 2000 km dende o monmento da súa solta. Este exemplar, radiomarcado, está a constituirse coma un dos exemplares máis viaxeiros dos que se ten constancia dende que existen rexistros.
En primeiro lugar gustaríame puntualizar que parece totalmente irresponsable publica-la localización xeográfica concreta do exemplar dunha especie en perigo de extinción en tempo real nun medio de comunicación. Xa que se pon realmente en perigo a supervivencia do exemplar, dunha especie cobizada por cazadores que, lonxe de ser unha minoría, son cada vez máis extremistas, e no lobo temos un bon exemplo do que estamos a falar.
Ante a avalancha incesante de novas e comentarios ao respecto, vémonos na obriga de pronunciarnos e matizar uns cantos puntos, e facer pedagoxía da historia natural do xénero Lynx no cadrante noroccidental ibérico. Xa que parece que está a ser posta en dúbida a galeguidade do endemismo ibérico no noso terrirorio.
Fagamos un pouco de historia, xuntémolo coa arqueoloxía, botémoslle unha pizca de intuición, e seguramente cheguemos a ter unha idea bastante clara do que ocorreu en Gallaecia até non fai tanto tempo.
Son varios os autores clásicos que nos falan da existencia de linces no Noroeste ibérico, feito posto tamén en dúbida en varias ocasións. O primeiro en profundizar no tema foi o pai Sarmiento no s. XVIII, nomeándoo tamén Seoane no s.XIX, e Vaverde, xa no s.XX.
Tempo despois, Carlos Nores, profesor da universidade de Oviedo, publica as primeiras análises que demostran que o lince boreal ou europeo habitou a Cordilleira Cantábrica en tempos históricos.
Ben, como sabedes, Gallaecia é un terreo complexo bioxeográficamente falando, con elementos de clara ascendencia eurosiberiana (como Rana temporaria, Perdix perdix, ou Tetrao urogallus), combinados con outros de clara tendencia mediterranea (como Blanus cinereus, Psammodromus spp., Oenanthe hispanica, ou Oryctolagis cuniculus). Esta combinación ofrece un escenario común a outros puntos da península ibérica, de extrema riqueza faunística.
Na Gallaecia, durante os derradeiros anos, foron recollidos numerosos vernáculos para referirse aos integrantes do xénero Lynx. En Galicia atopouse lobo cerval, luberno, lubican, queixa, gato cravo, tigre, xuxa etc.. En Asturias llobu cerval, gato rabón, gato de les penas, etc. En León tigre, lobo cerval, etc, en Zamora tigre gallego, lubian, lluberno, lobo cerval, lince, etc. En Portugal, lince, queijo, lobo cerval, tigre etc.
Durante todos estes anos, periódicamente, foron recollidos tamén testemuñas oculares e documentales que nos fan ter unha idea máis ou menos clara do que foi a distribución dos linces no territorio da Galaecia, así tendo en conta incluso os datos aportados por tramperios, que achegan pesos e medidas dos exemplares cazados, podemos afirmar que no noso territorio habitaron dúas especies de lince, o lince boreal ou queixa (Lynx lynx) e o lince ibérico (Lynx pardina)
A distribución histórica do lince boreal ou queixa (Lynx lynx) abranguía o Norte de Galicia na súa práctica totalidade, existindo poboacións no Sur da mesma en altitudes sempre superiores aos 800 metros, na serra do Suído, na serra do Xurés, no Macizo Central Ourensán, na Limia ou nas montañas do Leste Ourensán. Estas poboacións estaban en conexión coas da Cordilleira Cantábrica, (Asturias, León, Cantabria e partes de Zamora), que se unían a través dos Montes Vascos coas poboacións do Pirineo.
O Lince ibérico (Lynx pardina), distribuíase én Galicia polos vales de maoior influencia mediterránea, Caurel, o Val do Sil, dende Enciña da Lastra (en contacto coas poboacións zamorano-leonesas) pasando pola Ribeira Sacra até a depresión Ourensá e o Ribeiro, xa no Val do Miño, E a depresión do Támega, estas últimas xa en contacto coa e formando parte da metapoboación do Noreste portugués asentada na zona de Tras-os-Montes.
Durante todos estes anos, téñense producido avistamentos de linces en varios puntos do país que nos permiten alberga-la esperanza que que aínda se poden atopar exemplares no noso territorio. Algúns destes avistamentos poden ter sido protagonizados por exemplares dispersantes de poboacións relictas (e non recoñecidas oficialmente) do Sistema Central e do Norte de Portugal. Outros destes datos, atinxen ao dominio eurosiberiano, e parecen indicar a supervivencia do queixa en puntos recónditos das montañas antes mencionadas.
Dado o que hoxe sabemos da taxomonía do lince boreal (Lynx lynx), non sería de extrañar que as poboacións ibéricas desta especie, pertenzan a unha subespecie endémica aínda por describir, como as do resto de poboacións ailladas desta especie no sur do continente. Así, aínda que desexemos profundamente un proxeto de reontrodución de linces boreais ou queixas no Norte da Península, parécenos recomendable, descarta-la posibilidade da supervivencia da especie e o seu conseguinte análise xenético, para desentraña-la definitivamente o enigma da posición taxonómica do queixa.
lunes, 29 de febrero de 2016
SOBRE A POSIBLE PRESENZA HISTÓRICA DA FOCA MONXE (MONACHUS MONACHUS) NAS COSTAS ATLÁNTICAS DA PENÍNSULA IBÉRICA.
"O misterio é a cousa máis fermosa que podemos experimentar. É a fonte de todo arte e ciencia verdadeiros"- Albert Einstein (1879-1955), físico alemán.
Como vimos de partillar recentemente, o estado de conservacións dos mamíferos mariños dista moito de ser o máis óptimo. O chamamento da CEMMA, Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, ante a falla de medios para o coidado dos mamíferos mariños atopados na costa galega, é un claro exemplo dunha das razóns desta triste realidade.
Hoxe ímonos achegar a un dos grupos máis misteriosos e menos coñecidos da fauna galega, os pinnípedos, é dicer as focas. Até o momento as cinco especies pinnípedos citados na costa galega pertencen á familia Phocidae.
As focas, tamén coñecidas coma lobos mariños, soen aparecer an Galicia durante o inverno. No caso do lobo mariño cincento (Halichoerus grypus), a especie máis frecuente por estas latitudes, a maior parte dos exemplares observados son xuveniles recén emancipados das colonias de cría situadas nas costas das illas Británicas e na Bretaña francesa. Con menor frecuencia aparecen exemplares doutras especies como a foca común (Phoca vitulina), e xa dun xeito máis excepcional téñense observado exemplares de foca anelada (Pusa hispida), foca barbada (Erignathus barbatus) e foca de capelo (Cystophora cristata). Nas costas astures téñense observado tamén exemplares de morsa (Odobenus rosmarus), pertencente á familia dos odobénidos.
A foca monxe ou fraile (Monachus monachus) é o único pinnípedo do que se ten constacia de cría na Península Íberica en tempos recentes. En grave perigo de extinción, a súa distribución histórica española recente abranguía as costas mediterráneas peninsulares, as illas Baleares, as posesións espñalas no Norte de África e as Illas Canarias. As derradeiras colonias de cría peninsulares desapareceron na segunda metade do século XX. Nerbargantes a especie estivo presente no arquipélago de Chafarinas, no Norte de África, até cando menos 1998. A observación recente de exempalres en furnas do arquipélago Balear, así como o descubrimento recente de colonias de cría noutros arquipélagos do Mediterráneo, permite albergar certa esperanza da supervivencia da especie en España, que na actualidade se considera extinta de facto. A maior colonia mundial da especie na actualidade sitúase en Cabo Blanco (Sahara occidental) e conta coa metade da poboación mundial (estimada en 500-600 ex).
No pasado a distribución da especie estendíase por todo o Mar Mediterráneo, O Mar Negro, e a costa Atlántica Norteafricana, así como os arquipélagos da Macarionesia (Canarias, Desertas, Madeira, Cabo Verde, Selvagens, e Azores).
A tenor dos achádegos arqueolóxicos realizados nos derradeiros anos no Norte e Occidente peninsular podemos intuir unha distribución pretérica maior da especie, descoñecida até o momento, e que se extendería pola costa Atlántica e Cantábrica peninsular até o Soroeste francés.
A persecución á que a especie foi sometida por parte do home, fixo que a especie mudase co paso do tempo os seus costumes reproductores. se ben nun principio utilizaban praias máis ou menos inaccesibles para os partos e cortexos, debido á ameaza costante exercida polo ser humán, a especie escolle furnas mariñas para tal fin, feito que se observa tanto nas derradeiras colonias reproductoras constatadas nas costas mediteráneas peninsulares como nas actuais colonias de cría supervivintes no Mediteráneo e Atlántico Norteafricano.
A día de hoxe dispomos xa de suficiente información, tanto histórica como arqueolóxica e etnográfica, como para aceitar a teoría, non só da presenza prehistórica da especie nas costas occidentais peninsulares, senón tamén da presenza histórica recente na mesma zona, cuia extinción se debeu producir a mediados do século XIX no Cantábrico Oriental. Esta presenza histórica estaria detrás, asemade, dun gran número de topónimos e lendas sementadas por toda a costa do Noroeste Peninsular, e apoiada tamén na recolleita de vernáculos claramente asignablena á Monachus monachus. O esquecimento popular da especie en Galicia, sería parello ao esquecimento doutras especies extintas con anterioridade ao século XX, como a cabra montesa (Capra pirenaica lusitanica), e certas especies de aves. As costas galegas puideron estar habitadas até o século XVIII segundo reportaremos a continuación.
O primeiro dato arqueolóxico relevante nas costas peninsulares atopámolo na Península de Peniche, na costa occidental portuguesa. Neste lugar de alto interese xeolóxico atópase situado ao Norte de Lisboa, fronte ao arquipélago das Illas Berlengas, foi reportado o achádego de restos fóseis de foca monxe (Monachus monachus) na Gruta da Furninha, asociados ao parecer co consumo humano do home do cuaternario.
O seguinte dato arqueolóxico importante aparece en Santoña (Cantabria), onde se atopa nos anos 90 restos desta especie cunha datación de 4300 a de C.
Pero Galicia non ía estar á marxe deste tipo de achádegos, e así, aparece na ría de Arousa (Pontevedra) restos de foca monxe asociados ao consumo humano, cunha datación que se remonta ao 4000 a. de C.
Estes achádegos foron, nun principio, interpretados coma unha proba do fenómeno climatolóxico coñecido cama "óptimo Holoceno", período climatolóxico postglacial no que a temperatura meia do continente Europeo é entre 1.5 e 3º C superior a actual, e que según algúns autores dura uns 300 anos, feito que xustificaría a presenza da foca monxe (Monachus monachus) nas augas atlánticas peninsulares. Sen embargo, segundo outros autores o óptimo Holoceno non afectou ao SO europeo, estes autors, apoiándose en probas paleopolínicas, aseguran que a temperatura do suroeste de Europa, non soio non subiu, senón que baixou na mesma proporción na que subiu no centro do continente.
A aparición de novos restos de foca monxe nas Rías Baixas galegas e noutros puntos da costa cantábrica, cunha datación que se remonta ao 2000 a de C. e continúa até a conquista romana, parece confirmar que a presenza da especie nas costas atlánticas peninsulares non foi un fenómeno puntual, senón que se trata da proba de que nesa zona existían colonias de cría de foca monxe, que foron aproveitadas como recurso alimenticio plas poboacións humanas dende o período Neolítico até a chegada das lexións romanas. Os achádegos arqueolóxicos achegados ao tempo da conquista romana da península foron interpretados coma unha proba da cotume supersticiosa que os romanos posuían con respecto á foca monxe. Segundo se ten constatado en diversos xacimentos arqueolóxicos romanos, éste usaban as aletas das foca monxe como amuletos, e secas, solíanas colocar como amuleto baixo as almofadas. Nerbargantes, os achádegos arqueolóxicos postos sobre a mesa amosan claras mostras de depredación e consumo por parte do home, como as puntas dos osos queimadas, asemade de que as mostras optidas non son en ningñun caso de aletas.
Unha vez manifestados os achádegos arqueolóxicos, seguirémola nosa viaxe a través da historia natural da foca monxe afondando no coñecimento naturalista e popular da especie no Noroeste. Segundo certos autores foron as focas e non os sirénidos, os que deron orixe ás lendas das sereas, frecuentes na mitoloxía clásica e no lendario popular europeo. Este feito, certo ou nón, pode estar detrás non soio das lendas dos homes e mulleres peixe reportados na costa galega, senón tamén nas lendas que falan das lontras xigantes.
As lontras xigantes, segundo a cultura popular do Noroeste Ibérico, son mamíferos anfibios de gran tamaño, con cabeza de lontra, e aletas en lugar de patas. Soen vivir en furnas mariñas, e causas estragos nas artes de pesca ao tentar de rouba-los peixes atrapados nas redes (feito repostado tamén nas poboacións costeiras de Marrocos e Arxelia, que consideran á foca monxe nos mesmos termos). As lendas de lontras mariñas xigantes habitantes de furnas están amplamente espalladas pola costa galega, e deron, asemade, orixe a topónimos relaionados con esta especie mitolóxica como a "Furna da Lontra" en Moaña.
No tocante aos naturalistas galegos do século XIX, Seoane a inclúe na súa obra "Fauna Mastozoológica de Galicia" nos seguintes termos: "Como no tenemos más noticias referentes a esta especie que el nombre de fraile marino, consignado por el sabio naturalista ferrolano Sr. Alonso López; nos vemos en la imposibilidad de afirmar cual fuese la especie a que se refería, en relación a lo poco conocidos que eran aquella época estos animales, por más que nos sintamos inclinados a creer que sea la que asignamos"
Consultada a obra de Alonso, este naturalista ferrolano de comezos do s. XIX, este nomea non soio a recolleita de vernáculos na zona, como fraile mariño, lobo mariño ou monxe mariño, senón tamén a escoita dun son atribuído á especie, e denota, asemade, a testemuña do alto coñecimento popular da especie por parte dos habitatntes da zona que consideran á especie sedentaria e reproductora na zona.
Estas capturas, tendo en conta a idade dos exemplares capturados, parecen indicar a supervivencia dunha colonia reproductora da especie, relicta, na fachada Atlántica sudeuropea até comezos do século XX.
Facendo un pouco de memoria podemos, incluso, aventurar unha hipótese con resteito ao que coñecemos da historia recente do declive das poboacións da foca monxe nas costas Peninsulares.
A día de hoxe sabemos que as poboacións de foca monxe sitúan as súas colonias de cría en furnas mariñas de dificil acceso dende terra. Esta costume supón ao parecer unha resposta da especie perante á persecución á que foi sometida por parte do home, xa que orixinalmente a especie usaba praias para reproducirse. Este feito constátase aínda a día de hoxe no Mediterráneo oriental, onde recentemente foi atopada unah colonia de cría nunha illa deshabitada, que aínda cría nas praias ante a ausencia de persecución.
O feito de que os achádegos arqueolóxicos máis antigos son reportados en covas e amosan depredación por parte do home, amosa que a especie foi perseguida dende antigo, ante esta realidade a especie múda os seus costumes e traslada as súas colonias de cría a illas e firnas mariñas de dificil acceso. Estas illa spodías ser visitadas periódicamente polos seres humanos co fin de capturar ás crías e adultos das colonias, como ao parecer indican os hachádegos arqueolóxicos da Ría de Arousa.
Certos autores reportan unha colonía de cría nas illas Lobeiras (A Coruña) até o século XVII ou XVIII, esta colonia de cría foi identificada coma unha colonia de lobo mariño concento (Halichoerus grypus), sen embargo até o momento carecemos de restos arqueolóxicos que confirmen este feito, e esta colonia de focas foi asignada ao lobo mariño cincento pola proximidade xeográfica das colonias de cría de eta especie, unida ao feito de que é a especie que con maior frecuencia aparece nas nosas costas.
Os vernáculos e topónimos recullidos e espallados pola costa galega gardan grande concordancia cos vernáculos e topónimos asignados á especie na costa mediterránea peninsular, como lobo mariño, fraile mariño ou as Illas Lobeiras mencionadas anteriormente.
Esta é soio unha teoría, mais coma tal amosa o escaso coñecimento que existe da fauna histórica galega, até tal punto que despoñecemos que nas nosas costas existiron colonias de foca, e que puideron ser dunha especie hoxe en día en grave perigo de extinción. Estes datos amosan tamén, que non se pode valorala ecoloxía dunha especie cando esta amosa unha distribución relicta e subóptima na actualidade, sen ter en conta, que no pasado esta era moito maoir. Un claro exemplo o atopamos no oso pardo (Ursus arctos) hoxe habitante da cordilleira cantábrica e dependente a arandos e masas fragosas de caducifoilias, pero habitante até o s. XVII dos mediterráneos montes da rexión de Murcia.
Próximamente falaremos pormenorizadamente da toponimia e os nomes vernáculos asociados á especie, nos vos perdades a seguinte entrada.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










