Os vindeiros días 4 e 5 de setembro terán lugar as II xornadas ambientais da Comunidade de Montes de Coruxo, onde entre outros grandes, estarei eu presentado unha palestra sobre a fauna extinta da Gallaecia, agardámovos no local da comunidade de Montes.
Desta volta vouvos propor unha viaxe polos elementos faunísticos tristemente desaparecidos da nosa terra no período histórico máis recente, dende o sollo ou esturión (Accipenser sturio) até o queixa ou lince boreal (Lynx lynx)
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades. Mostrar todas las entradas
viernes, 2 de septiembre de 2016
lunes, 25 de abril de 2016
Fauna e Flora Salvaxe de Galicia, un novo grupo no facebook.
Acabamos de crear un novo grupo no facebook chamado Fauna e Flora de Galicia, tendes o enlazamento picando no nome do grupo. Este grupo pescuda ser un punto de encontro para a promoción da fauna e flora de Galicia, iniciativas conservacionistas, pero tamén un lugar de promoción para iniciativas públicas ou privadas que pescuden un desenvolvimento sostible da nosa terra.
Asemade queremos que sea un grupo aberto ao debate e á denuncia dos maltratos ecolóxicos que constante mente sofre a terra galega.
Animámosvos a participar e partillar para entre todos facer ver que Galicia pode resurxir das súas cinzas sen hipotecar o seu futuro e o seu patrimonio natural. Asemade sei que entre todos seremos capaces de mostrar tódalas maravillas que a nosa terra agocha.
miércoles, 30 de marzo de 2016
Palestra de Irmaos Rabudos sobre o benestar animal en O Lar do Queixa.
A asociación medioambiental e de protección animal Irmaos Rabudos, protagonizará unha palestra sobre a tenencia responsabel de cans en gatos o xoves 31 de marzo en O Lar do Queixa , local alternativo de Vigo situado na Calle Heraclio Botana nº 6.
Na palestra abórdanse temas como a
Na palestra abórdanse temas como a
- Predisposición racial a enfermidades e vantaxes da mestizaxe
- Negocio da cría de animais de raza
- Causas do abandono dos animais
- Promover a adopción
- Diferenzas entre protectoras e canceiras
- Protectoras en Galicia
- Coidados e obrigas veterinarias que require unha mascota
- A importancia da esterilización
- Ciruxías “estéticas”: corte de rabo e orellas
- Outros…
jueves, 17 de marzo de 2016
Presentazón do Libro "Los vencejos sueñan despiertos".
O día 29 de marzo presentarase na aula da natureza do río Miño de
Ourense, ás 20:00 o libro de David Álvarez "Los vencejos sueñan
despiertos". David Álvarez é un biólogo e naturalista asturiano, autor
do laureado blogue Naturaleza Cantábrica.
Ao día seguinte terá lugar a presentazón da mesma obra en Vigo, en O Lar do Queixa, tetería alternativa situada en Heraclio Botana nº 6, ás 20:30 h.
Ao día seguinte terá lugar a presentazón da mesma obra en Vigo, en O Lar do Queixa, tetería alternativa situada en Heraclio Botana nº 6, ás 20:30 h.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




