martes, 19 de abril de 2016

Cotovía pequena (Lullula arborea)

Está claro que os naturalistas en xeral soemos facerlle pouco caso a aquelas especies de aves que son máis frecuentes, en pos daquelas que, pola súa escasea ou rareza chaman máis a nosa atención. En xeral, o grupo de aves consideradas habituais soen ser denominadas como "aves comúns". O escaso seguimento das poboacións de aves comúns provoca, frecuentemente, que a alteración das súas poboacións pasa desapercibida, e non detectamos o seu declive cando xa é demasiado tarde.

Un dos grupos de aves comúns cuio declive está sendo especialmente acusado nos derradeiros tempos é o dos aláudodos (cotovías e lavercas). Aves fortemente ligadas a medios herbáceos e agrícolas que están a sufrir o cambio do marco agrícola tradicional a un industrial, cheo de pesticidas, e o abandono de certos usos coma os prados de sega.A fosrestación con es pecies alóctonas de antergas áreas de pastos tampouco está a axudar ás poboacións detas especies, así como o uso indiscriminado de produtos fitosanitarios, ou as queimas e incendis nas serras en plena época de cría.

Unha destas especies é a cotovía pequena (Lullula arborea), a pesares do seu nome científico, a cotovía pequena non é unha especie forestal, xa que o seu hábitat natural o forman os grandes espazos abertos, herbáceos ou de monte baixo, salpicado de árbores, pero sen formar unha masa arbórea fechada. Neste senso, o antergo marco agrícola galego, con prados de sega e cultivos cerealísticos minifundistas separados por seves de salgueiros ou outro tipo de árbores de pequeno porte, costituía o hábitat ideal da especie. Este marco foi precissamente o máis afectado polo desenrolo da agricultura intensiva e polo abandono do rural dependendo das zonas. Asemade, a franxa costeira, forestada con especies invasoras como acacias e eucaliptos, tamén foi masivamente abandonada pola especie.

A pesares de seguir sendo unha especie que aparece espallada por toda a xeografía galaica, a distribución e abundancia relativa da especie mermou considerablemente nos derradeiros anos, facendo o seu canto cada día máis difícil de escoitar.

Nas imaxes tendes un exemplar fotografado no pasado mes de xaneiro no concello pontevedrés de Salvaterra de Miño, un dos lugares da provincoa onde a especie aínda se escoita.






No hay comentarios:

Publicar un comentario