domingo, 24 de abril de 2016

Escouparón cego ou cobra cega (Blanus cinereus).

Existe na Galiza, un réptil de hábitos soterráneos poucas veces visto, e moi pouco coñecido pola poboación en xeral, trátase do endemismo ibérico Blanus cinereus, coñecida en castelán como culebrilla ciega e en portugués como cobra-cega. 




Na Galiza habita o SE da provincia de Ourense, básicamente nos vales e montañas das cuncas fluviais do río Douro, nas terras do Val do Támega. Por eses lares, fogar dos tamaganos,´esta especie é coñecida coma escouparón ou viberón, este nome xenérico, que sería sinónimo de escárcer, faría alusión ás especies de "lagartos sen patas" ou con estremidades reducidas dos xéneros Chalcides, Anguis e Blanus. Ao ser escouparón un nome galego recollido para a especie na fala viva polo naturalista tamagano Xosé Ramón Reigada, considérase a denominación escouparón cego como o nome máis correcto para a especie en galego, aínda que en moitas obras veredes que se usa o nome portugués de cobra-cega.





No entorno máis inmediato a Galiza, a especie aparece nos nas provincias de León, Zamora e tamén no Norte de Portugal, algunhas destas poboacións están en contacto coas poboacións galegas. En outros puntos da ñarea de distribución portugesa a especie aparece en puntos moi cercanos á fronteira coa galiza, polo que poden aparecer novas poboacións galegas nun futuro próximo. Ainda dentro da nosa comunidade os límites da área de distribución non son coñecidos totalmente, polo que a súa presenza pode estar máis extendida.

O escouparón cego, único membro dos anfisbénidos presente na Gallaecia, é un réptil de aspecto vermiforme e costumes cavadoras duns 20 a 30 cm de lonxitude. A súa alimentación consiste, principalmente, en formigas e termes.  O feito de que termorregule incluso debaxo das pedras unido aos seus hábitos soterráneos fai da especie un animal moi pouco coñecido, incluso en hábitos esenciais da súa bioloxía. É habitual que apareza durante certos hábitos de mantemento agrícola das áreas nas que habita, coma cando se sacha ou ara unha terra.

Este descoñecimento xeralizado da especie deriva en que en gran parte da área de distribución da especie se considere un ser extremadamente perigoso e velenoso, xa que o ser humano tende a temer aquelo que non coñece. Nerbargantes o escouparón cego é un ser totalmente inofensivo e beneficioso para o medio polo efectivo control natural que realiza sobre certas pragas, asemade da laboura de oxixenación do terreo que os seus hábitos supoñen para os solos.





No hay comentarios:

Publicar un comentario