"A conduta realizada é unha parte insignificante da conduta posíbel. O home, a cada momento, está cheo de posibilidades irrealizadas"- LEV SEMINÓVICH VYGOTSKY (1896-1934) psicólogo ruso de orixe xudaica.
Os morcegos, mamíferos voadores de dieta insectívora da familia coñecida coma quirópteros, son quizáis un dos grupos de vertebrados peor comprendidos e máis denostados da nosa fauna. Multitude de especies viven na Gallaecia, para abraimo de moitos que cren que soio existe un morcego de ampla distribución.
O medo ou repulsión que os morcegos producen nas persoas é un medo totalmente inxustificado provinte de supersticións pouco ou nada contrastadas, cunha orixe na literatura romántica centroeuropea dos séculos XVIII e XIX. Así, non existe na nosa terra ningunha especie de morcego que consuma sangue das súas vítimas. E a provabilidade de que nos contaxien alguna enfermidade non é maior que a de calquera outro mamífero, incluso domésticos coma cans e gatos.
Un dos grupos de morcegos presentes na gallaecia e o dos rhinolóphidos, coñecidos coma mocegos de ferradura polas secrencias nasais que posúen na face, e que teñen forma de ferradura, coma podedes apreciar nas imaxes. Na Gallaecia habitan, cando menos, tres especies diferentes de morcegos de ferradura, o morcego mediterráneo de ferradura (Rhinolophus euryale), o morcego grande de ferradura (Rhinolophus ferrumequinum), e o morcego pequeno de ferradura (Rhinolofus hipposideros).
O morcego pequeno de ferradura é, como o seu propio nome indica, o máis pequeno dos nosos rhinolófidos. Presenta unha ampla distribución no noso territorio dende o nivel do mar até o cumio das serras do interior, prefirindo zonas arboradas habitualmente próximas a masas de auga de diversa índole. Como refuxio soe escoller cabidades tanto artificiais coma naturais, ven covas ou faiados, coam fendas ou árbores. De dieta insectívora, trátase dunha expecie extremadamente eficaz e beneficiosa para o control das pragas nos cultivos agrícolas, e moi sensible, polo tanto aos tratamentos fitosanitarios insecticidas.
Nas imaxes podedes apreciar uns cantos exemplares fotografados na bisbarra pontevedresa do Val Miñor no fin do verán de 2015.
No hay comentarios:
Publicar un comentario