jueves, 3 de diciembre de 2015

O lobo ibérico candidato ás eleccións xerais españolas de 2015: 6ª parte

Durante as derradeiras xornadas analizamos o papel do lobo na sociedade e na historia do noso país, e non é moi difícil chegar á unha conclusión, esta especie é usada coma chivo expiatorio secular para agochar os verdadeiros problemas do pobo: a economía, a liberdade e os dereitos humanos.

Durante estas xornadas preelectorais o lobo volta a estar en primeira liña de fogo, coma se o problema deste país non fose a corrupción, o paro e a fame. Namestras falamos do lobo, do futbol, de Catalunya e de Gibraltar, esquecémonos da emigración, o desaparecimento do 80% das granxas de vacas leiteiras e encerradas (sen ataques de lobo),  ou do falseamento e manipulación sistemética das estatísticas ou das noticias do máis trascendente calado. Eso sí, en troques de alternativas claras aos verdadeiros problemas sociais que aforcan aos habitantes deste país, observamos, non sin certo asombro, como se reclama, unha e outra vez a caza e captura do lobo, pescudando un puñado de votos, que debido á ley electoral, valen tanto que ben merece a pena matar uns cantos lobos con tal de optelos. pero ollo por que as consecuencias poden ser contraproducintes.

Aqueles que sodes defensores da caza do lobo, e non sodes políticos interesados, dígovos que pensedes antes de pedir según que tipo de cousas e explícome.

En primeiro lugar, ao igual que as enquisas de intención de voto, os datos dos censos de lobo están manipulados. En realidade non temos a menos idea de cantos lobos ibéricos existen na actualidade no país. A razón está en que na actualidade consideramos as mandas coma unidades reproductoras, mais cantos lobos ten unha manda española. En realidade seis de media, un macho dominante, unha femia dominante, e tres ou catro femias inmaturas que axudan las labouras de caza e crianza dos lobatos, e que non crían. Recén rematada a época de cría, cando os lobatos estan a piques de independizarse, pode ser que atopemos a eses cinco ou seis exemplares novos do ano que están a aprender a cazar, pero pronto serán expulsados da manda e terán que formar a súa propia e pescudar un novo territorio. Coma calquera superdepredador, as poboacion de lobos nunha zona concreta non medran indefinidamente, senon que se autorregulan. É mais, os lobos son nómadas, teñen amplos territorios polos que vagan á procura do alimento segundo a época do ano.

Agora supoñamos que cazamos lobos. Na actualidade, digamos "legalmente", existen duas formas de cazalo. Por unha banda temos a eliminación de camadas posta en marcha por certas administracións públicas, pouco ou nada efectivas por que eses lobos están chamados a explorar e colonizar territorios novos e diferentes aos que naceron. Non pasarán xamáis a engrosar a poboación local, tan só as femias sustituirán ás femias da manda que acaden a madurez sexual, pero este feito verase retrasado no caso de que non existan exemplares sustitutos. Por outra banda temos a "caza legal" dos cazadores con licencia e cartos suficientes para cazar un dos lobos que entran en sorteo. Estes cazadores, que procuran o maior trofeo posible, cazarán ao macho/femia alfa ou dominante, polo seu valo cinexético proporcional ao seu tamaño. Craso error, xa que este feito ten consecuencias que os gandeiros descoñecen en grande medida.

As mandas de lobos actúan coma perfeitas máquinas engraxadas, nas que cada indivíduo ten un papel determinado. A efectividade da caza depende da interacción de todos e cada un dos membros da manda. Cando eliminamos ao xefe ou xefa, a manda perde efectividade, e polo tanto ten que pescudar presas máis doadas, e dicir, gando sen coidar, xa que ten que seguir alimentándose, pero a súa maquinaria xa non funciona para emboscar á presas silvestres, até que a manda se repoña da perda, e pode tardar anos en facelo. Polo tanto, é habitual, que cando permitimos a caza do lobo, os ataques ao gando, lonxe de diminuir,  aumenten.

A día de hoxe, os problemas do agro e o campo no noso país pasan pola falla de rendibilidade das explotacións, os gandeiros deben aumentar os rabaños para faler a súa actividade viable, até tal punto que moitas veces están sobresaturados de traballo, e polo tanto son menos eficaces á hora de protexer os rabaños. Pensemos, ¿Isto tamén é culpa do lobo?, dende logo que non, é culpa daqueles que firman un tratado que deixa os prezos dos produtos primarios extranxeiros a ras do chan, e os que nós non podemos competir.

Hoxe, cunha poboación cada día maís urbana os camiños de solución destes e doutros problemas pasan por saltarse a cadea de mando. E concienciar a toda a poboación perante a derrubo controlado da nosa economía e estado de benestar. O gandeiro, concienciado, debe loitar por que o consumidor urbano poida recoñecer o seu produto nas tendas, e debe loitar por que ese produto teña o menos impacto posible. O consumidor pola súa banda, debe loitar por apoiar co seu consumo o produto responsable coa conservación dos encantos dunha terra, que se non coidamos entre todos nós, ninguén vai coidar.

Polo tanto, antes de votar, que non che conten contos de lobos e carrapuchiñas vermellas, que che conten historias e proxectos de verdade, sempre coa verdade por diante e con solucións baseadas na realidade e non en fábulas milenarias. Vota con sentidiño, aquel que non é capaz de respetar a vida, non pode ser quen de respetar a túa propia. pide que se faga política de altura e non política de alcantarilla con tufos de cartos negros e portas xiratorias a ningún de nós nos levan a ningures.




No hay comentarios:

Publicar un comentario