miércoles, 18 de noviembre de 2015

Gaivota arxéntea en Cangas.

A pouco que vos fixedes nos grandes bandos de gaivotas que se van por esta nosa Gallaecia podederes apreciar notables diferenzas, que pouco a pouco iranvos ilustrando sobre a notable variedade de láridos que, nalgún momento da súa existencia, fan desta terra o seu fogar.

Misturada entre a máis que abondosa e frecuente gaivota patiamarfela ou crara (Larus michahellis), atopamos un continxente de especies, principalmente invernantes, similares a esta, até tal punto que durante moitos anos estas foron consideradas unha soa especie "Larus argentatus".

Hoxe en día, aínda en plena separación e descripción efectiva das diferentes especies, a gaivota arxéntea (Larus argentatus) é considerada un invernante escaso, aínda que regular na nosa terra. Nidificante nos territorios do Norte de Europa coma Islandia ou Escandinavia, con colonias menores máis ao Sul. Aparece nas nosas costas e ,ocasionalmente, no interior entre os meses de setembro e marzo.

A principal diferencia entre a gaivota patiamarela e a gaivota arxéntea, atópamolo nas súas patas, amarelas na primeira e rosadas na segunda, cando falamos de adultos, o manto grisáceo das ás é moito máis craro no caso da arxéntea, e a cabeza e pescozo soe estar finamente manchado de pintas máis escuras.

Nas imaxes podedes apreciar un exemplar adulto observado en terreos do concello de Cangas (O Morrazo-Pontevedra) o pasado día 10 de novembro de 2015 na compaña dos ornitólogos Diego Rguez. Vieites e David Sobreira.








No hay comentarios:

Publicar un comentario