Se puidese escoller un elemento da fauna do noroeste peninsular coma buque insignia que representase á fauna da Gallaecia coido que escollería á saramaganta (Chioglossa lusitanica), anfibio urodelo endémico do cadrante noroccidental ibérico. Tamén chamada píntega rabilonga ou píntega das follas, trátase da única e derradeira especie viva do xénero Chioglossa na actualidade. O seu parente vivo máis cercano é ao parecer a píntega ou salamandra do Cáucaso (Mertensiella caucasica) habitante de Turquía e Georgia.
A distribución mundial de Chioglossa lusitanica comprende a maior parte da Galiza, estando ausente de certas bisbarras do interior de Lugo e Ourense, a maior parte de Asturias, con duas poboacións coñecidas en León e Cantabria. En portugal a especie está presente na metade norte, chegando cara o Sul até a Serra da Estrela.
Na Galiza a especie está mellor distribuida polas bibarras costeiras, en parte debido aos seus requerimentos ecolóxicos, que exixen unha alta pluviosidade anual e temperaturas suaves.
O xénero Chioglossa tivo no pasado unha distribución maior, xa que foron atopados na Franza e Alemaña foseis dunha especie próxima a Chioglossa lusitanica, Chioglossa meini datados no Mioceno.
Na actualidade a píntega rabilonga ou saramaganta é considerada un dos anfibios máis ameazados no contexto europeo debido á súa reducida área de distribución mundial, á alteración do seu hábitat, sospeitándose que o cambio climático pode afectar moi negativamente ao estado das poboacións desta especie a meio e longo prazo. Por estas razóns esta especie está estrictamente protexida tanto polas lexislacións autonómicas, como polas nacionais e internacionas.
Nas imaxes podedes apreciar diferentes exemplares atopados en datas recentes en terreos pertencentes ao concello de Vigo (Pontevedra), non deixa de sorprender a presenza desta especie en localidades tan alteradas como pode ser este concello, quizáis o máis urbano da Galiza, se ban aínda se poden atopar contados oasis de biodiversidade sen urbanizar, onde a especie sobrevive, non exenta de perigos perante ao crecimento da cidade.
Interesante, grazas.
ResponderEliminarO problema dos totemicos e que levan un aura mistica arredor. Como ti dis podes atopalos en zonas urbanas sen ter que ir a eses teoricos "ambientes pristinos e puros", por non falar das que se atopaban ao lado do mais famoso puticlub de Vigo.
ResponderEliminarOu en toxeiras sen rastro de arboreda, e no medio dos eucaliptais.
Evidentemente por distribucion pode estar ameazada a nivel mundial, pero a nivel galaico o de VU para patilonga e rabilonga comparado co VU do Pelobates..
Apertas