"A pesares do meu escepticismo quédame algo de superstición. Por exemplo, esta extrana convicción de que tódalas historias que ocorren na vida teñen ademáis un sentido, significan algo. Que a vida, coa súa propia historia dí algo sobre sí mesma, que nos desvela gradualmente algún dos seus segredos, que está ante nós como un acertixo que é preciso resolver" - Milan Kundera (1929-) escritor checo.
Moitas veces temos fallado da fabulosa e case mítica riqueza ambiental que a Gallaecia tivo, e en parte segue a ter, no contexto Ibérico, formando parte desa terra peninsular chamada Iberia. Parte desa riqueza ven dada pola historia xeolóxica do Noroeste ibérico, pola nosa agrestre xeografía, pola súa privilexiada posición no Suroeste Europeo, mirando a poñente, alí a onde medio continente peregrinaba para ver morre-lo Sol no Océano Atlántico. A nosa posición xeográfica, a cabalo entre diferentes dominios climáticos, e a nosa latitude, fixo do país un acubillo faunístico imprescindible durante os diferentes períodos que o planeta ten vivido. Durante as glaciacións, acontecemento climatolóxico prehistórico non soio Gallaecia, senón toda a Península Ibérica, actuou coma refuxio da fauna continental expulsada do seu territorio por glaciares de kilómetros de expesor.
Recentemente tivemos constancia dunha nova sorprendente á par que esperanzadora, Kentaro, un lince ibérico (Lynx pardina) posto en liberdade en Castela-A Mancha polo proxecto de cría en catividade e reintroducción desta especie endémica e en perigo de extinción, chegaba a Ourense depois de recorrer máis de 2000 km dende o monmento da súa solta. Este exemplar, radiomarcado, está a constituirse coma un dos exemplares máis viaxeiros dos que se ten constancia dende que existen rexistros.
En primeiro lugar gustaríame puntualizar que parece totalmente irresponsable publica-la localización xeográfica concreta do exemplar dunha especie en perigo de extinción en tempo real nun medio de comunicación. Xa que se pon realmente en perigo a supervivencia do exemplar, dunha especie cobizada por cazadores que, lonxe de ser unha minoría, son cada vez máis extremistas, e no lobo temos un bon exemplo do que estamos a falar.
Ante a avalancha incesante de novas e comentarios ao respecto, vémonos na obriga de pronunciarnos e matizar uns cantos puntos, e facer pedagoxía da historia natural do xénero Lynx no cadrante noroccidental ibérico. Xa que parece que está a ser posta en dúbida a galeguidade do endemismo ibérico no noso terrirorio.
Fagamos un pouco de historia, xuntémolo coa arqueoloxía, botémoslle unha pizca de intuición, e seguramente cheguemos a ter unha idea bastante clara do que ocorreu en Gallaecia até non fai tanto tempo.
Son varios os autores clásicos que nos falan da existencia de linces no Noroeste ibérico, feito posto tamén en dúbida en varias ocasións. O primeiro en profundizar no tema foi o pai Sarmiento no s. XVIII, nomeándoo tamén Seoane no s.XIX, e Vaverde, xa no s.XX.
Tempo despois, Carlos Nores, profesor da universidade de Oviedo, publica as primeiras análises que demostran que o lince boreal ou europeo habitou a Cordilleira Cantábrica en tempos históricos.
Ben, como sabedes, Gallaecia é un terreo complexo bioxeográficamente falando, con elementos de clara ascendencia eurosiberiana (como Rana temporaria, Perdix perdix, ou Tetrao urogallus), combinados con outros de clara tendencia mediterranea (como Blanus cinereus, Psammodromus spp., Oenanthe hispanica, ou Oryctolagis cuniculus). Esta combinación ofrece un escenario común a outros puntos da península ibérica, de extrema riqueza faunística.
Na Gallaecia, durante os derradeiros anos, foron recollidos numerosos vernáculos para referirse aos integrantes do xénero Lynx. En Galicia atopouse lobo cerval, luberno, lubican, queixa, gato cravo, tigre, xuxa etc.. En Asturias llobu cerval, gato rabón, gato de les penas, etc. En León tigre, lobo cerval, etc, en Zamora tigre gallego, lubian, lluberno, lobo cerval, lince, etc. En Portugal, lince, queijo, lobo cerval, tigre etc.
Durante todos estes anos, periódicamente, foron recollidos tamén testemuñas oculares e documentales que nos fan ter unha idea máis ou menos clara do que foi a distribución dos linces no territorio da Galaecia, así tendo en conta incluso os datos aportados por tramperios, que achegan pesos e medidas dos exemplares cazados, podemos afirmar que no noso territorio habitaron dúas especies de lince, o lince boreal ou queixa (Lynx lynx) e o lince ibérico (Lynx pardina)
A distribución histórica do lince boreal ou queixa (Lynx lynx) abranguía o Norte de Galicia na súa práctica totalidade, existindo poboacións no Sur da mesma en altitudes sempre superiores aos 800 metros, na serra do Suído, na serra do Xurés, no Macizo Central Ourensán, na Limia ou nas montañas do Leste Ourensán. Estas poboacións estaban en conexión coas da Cordilleira Cantábrica, (Asturias, León, Cantabria e partes de Zamora), que se unían a través dos Montes Vascos coas poboacións do Pirineo.
O Lince ibérico (Lynx pardina), distribuíase én Galicia polos vales de maoior influencia mediterránea, Caurel, o Val do Sil, dende Enciña da Lastra (en contacto coas poboacións zamorano-leonesas) pasando pola Ribeira Sacra até a depresión Ourensá e o Ribeiro, xa no Val do Miño, E a depresión do Támega, estas últimas xa en contacto coa e formando parte da metapoboación do Noreste portugués asentada na zona de Tras-os-Montes.
Durante todos estes anos, téñense producido avistamentos de linces en varios puntos do país que nos permiten alberga-la esperanza que que aínda se poden atopar exemplares no noso territorio. Algúns destes avistamentos poden ter sido protagonizados por exemplares dispersantes de poboacións relictas (e non recoñecidas oficialmente) do Sistema Central e do Norte de Portugal. Outros destes datos, atinxen ao dominio eurosiberiano, e parecen indicar a supervivencia do queixa en puntos recónditos das montañas antes mencionadas.
Dado o que hoxe sabemos da taxomonía do lince boreal (Lynx lynx), non sería de extrañar que as poboacións ibéricas desta especie, pertenzan a unha subespecie endémica aínda por describir, como as do resto de poboacións ailladas desta especie no sur do continente. Así, aínda que desexemos profundamente un proxeto de reontrodución de linces boreais ou queixas no Norte da Península, parécenos recomendable, descarta-la posibilidade da supervivencia da especie e o seu conseguinte análise xenético, para desentraña-la definitivamente o enigma da posición taxonómica do queixa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario