miércoles, 20 de abril de 2016

Algaria (Genetta genetta) en primeira liña de praia.

"Cousas veredes que fan rir ás paredes" dicía a miña avoa, e certo é, porque cando estás nun ecosistema dunar costeiro e galego quizáis unha das derradeiras cousas que agardas observar é unha algaria ou xineta (Genetta geneta), un animal que pola súa discrección resulta difícil de observar, nun ecosistema que, como xa dixemos recentemente, resulta cada día máis escaso polo desenrolo urbanístico do litoral.

A algaria é quizáis un dos máis peculiares carnívoros medianos dos que na actualidade poboan a Galiza, trátase so único integrante dos vivérridos que vive na nosa terra, e agocha tras de si unha curiosa historia que quizáis non coñezades, ou sí, quen sabe...




En principio parece ser que a algaria é un mamífero de orixe africana, traído polos musulmáns á Península como animal doméstico. Nese tempo usaban algarias a modo de gato para acabar cas pragas de ratos dentro dos barcos e nas casas, así a súa chegada a Iberia, non debería ser anterior ao ano 711, no que os musulmans chegan á Península. Nerbargantes non todos os autores están dacordo neste punto, a pesar de que as análises xenéticas amosan que apenas existe diferenciación nas algarias europeas. Fose como fose a algaria escapou do dominio humano, colonizando a maior parte da Península Ibérica, exceptuando as cotas máis altas dos sistemas montañosos, e O Sur da Franza. A día de hoxe, a expansión das algarias continúa polo continente, e chegan xa a Centro Europa e Italia.

Se ben a ausencia da especie no rexistro fósil da Península parece apuntar a unha introducción por parte dos musulmáns da especie no territorio europeo, tamén é certo que as algarias xa eran utilizadas como animais domésticos polos romanos, e a eles se lles atribúe a introducción da especie nas illas Baleares en tempos do emperador Augusto.

Outra das curiosidades da algaria é o seu propio nome, coñecida en gran parte do noroeste coma algaria, gato de algaria ou gato algar, este nome, de orixe árabe, non deixa de resultar peculiar dada a escasa estadía dos musulmáns neste recuncho do país, o que en principio, limitaria o uso de vernáculos desta orixe. Sen embargo as fronteiras nunca son impermeables, e moito menos durante a idade media, e un bon número de vernáculos de orixe musulmana ou árabe en Galicia e no galego, teñen ao parecer, a súa orixe nas migracións mozárabes dende o territorio musulmán hacia os reinos cristiáns. Os mozárabes eran cristiáns que vivían no territorio musulman que nun momento dado migraron a territorio cristián, ben por decisión propia, ben por persecución ou expulsión. Os mozárabes trouxeron consigo un n bon número de palabras que se integraron ás linguas romances, e tramén un estilo arquitectónico prerománico, no que en Galicia temos un exemplo na capela de San Miguel de Celanova (Ourense).

A palabra algaria ou algar é tamén unha sustancia untuosa que se extrae do animal, a modo de almizcre e que tivo gran aprecio na antigüidade en perfumería e outros usos mediciñais. Esta sustacia a segregan as xenetas a través dunha glándula que posúe perto do rabo.

As algarias distribúense pola práctica totalidade do territorio galego, pero os seus hábitos extraordinariamente discretos, fan dela un animal poucas veces visto. Non así os seus rastros, coma pegadas ou cagadas que deposita en letrinas, que si se detectan con frecuencia, Asemade soe sufrir atropelos nas estradas.













2 comentarios:

  1. Muy interesante la historia de la "algaria". Algunas cosas ya las conocía, otras, como ese curioso nombre, las acabo de conocer. Una suerte poder observarla en libertad.

    Abrazos Alberto!

    ResponderEliminar
  2. Gracias Manu!, es un tema que siempre me ha gustado mucho, el de los vernáculos o nombre prpiamente gallegos que se le dan a los animales o plantas, y tratar de descibrir su historia o etimología para lograr saber más de ellos. un saludo!

    ResponderEliminar