martes, 12 de abril de 2016

Gallaecia baixo o signo de Escorpio: Alacráns na terra galega.

"Creo que a xente perde a capacidade de sorprenderse por que diariamente preseza desastres que suceden en tódolos lados"- Nadine Gordimer (1923-2014)- Escritora sudafricana.

Un dos máis descoñecidos habitantes das terras galaicas son os alacráns ou escorpións, en galicia temos unha especie o escorpión ou alacrán amarelo (Buthus occitanus), aínda que non pode descartarse a presenza doutras especies, xa que neste campo estanse a producir garndes avances nos derradeiros tempos.



A pesares do que certos refráns galegos aseguran, como por ex: "Se te pica un alacrán, busca cura e sacristán que mañá te enterrarán", o alacrán amarelo non é perigoso para o home, xa que a súa picadura non reviste para nós maior perigo que a dunha avespa. O coñecimento popular da especie tamén queda constatado no refraneiro galego con exemplos coma "Se o escéncer picara e o alacrán vira non habería quen nesta terra vivira", e de feito a vista destes arácnidos non é moi boa que digamos. 




Especie de hábitos estrictamente nocturnos, este eficaz depredador acada até 6cm, excepcionalmente até 10. Habita en medios secos e rochosos, evitando as zonas hñumidas. A súa distribucion mundial atinxe o Sur de Europa e o Norte de África. Na península Ibérica habita a maior parte do territorio exceptuando o extremo Norte. En Galicia aparece nas bisbarras de maoir influenza mediterránea de Ourense e Pontevedra, con poboacións ailladas no Sur de Lugo, e sospeitas sen confirmar en puntos concretos do Sur da provincia da Coruña.



O mellor lugar para a súa observación en Galicia son as bisbarras Ourensás do Val do Támega e a Depresión Ourensá do río Miño ao seu paso pola capital da provincia.




No hay comentarios:

Publicar un comentario