Siareiros

miércoles, 27 de abril de 2016

Os catro xinetes do apocalipse ou os catros deuses celestiais.

"Despois de saber cando debemos aproveitar unha oportunidade, o máis importante é saber cando debemos renunciar a unha vantaxe" Benjamin Disraeli (1804-1881)-Escritor e político británico.

Catro son os grandes carnívoros reportados na historia recente da Galiza, o lobo ibérico (Canis lupus signatus), o oso pardo ou urso (Ursus arctos), o lince ibérico, lobo cerval ou lubián (Lynx pardinus), e o lince boreal ou queixa (Lynx lynx). Durante séculos estes catro carnívoros foron considerados coma os catro xinetes do apocalipse, portadores de meigallos, pobreza, perigos e fame. O discurso, anacrónico xa en pleno século XXI, segue vivo no maxín dos nosos veciños por séculos asoballados por aqueles que non querían siquera velos levanta.la cabeza. Nembargantes hoxe estamos a tempo de darlle a volta ao discurso e velos xinetes do apocalipse coma os deuses celestiais da mitoloxía oriental, que lonxe de portar calamidades, poden portar unha oportunidade definitiva de desenrolo para as zonas máis deprimidas do noso territorio.


Por moito que se trata de amosar a presenza dos grandes carnívoros na Galiza coma un problema de orde público e para a seguranza dos pouco concurridos pobos do interior galaico, a mera presenza destes e doutros animais no noso territorio pode, e farao se o deixamos, coma un dos primeiros destinos para o ecoturismo de Europa occidental. Poucas ou case nengunha terra da fachada atlántica europea pode amosar unha riqueza natural que una a presenza do oso, o lobo, cabalos salvaxes, abutres, aves mariñas da máis diversa índole, cabras montesas ou rebezos. A oportunidade de desenrolo do rural galego pasa, sen lugar a dúbidas, non por atravesar o seu territorio con muros de pedra, senón por potenciar, dunha vez por todas o seu desenrolo natural como potencial turístico, baixando as escopetas e levantando a vista, e dende logo con tolerancia cero a calquera dano ao patrimonio natural histórico e artístico da Galiza (velenos e cepos incluídos).

Vasta xa de ter que ir ver os animáis ao zoo dando voltas compulsivamente a unha gaiola. Abramos dunha vez os cercados, tamén os da mente, e convirtamos a Galiza nun gran paraíso natural, cheo de vida. A día de hoxe temos un deserto demográfico e económico nunha gran parte do país, e dende logo que o noso patrimonio, o actual e o futuro, pode ser a saída que esa Galicia interior precisa para desenrolarse sostiblemente, e que conte para algo máis que para recadar ricos votos baratos en campaña electoral.

O custe de facelo, máis ben pouco, deixar á natureza segui-lo seu curso, e a maior parte dos animáis virán sós, quizáis alguinha traslocación será precisa, pero ¿alguén me pode dicer que pintan os rebezos do Invernadeiro fechados a cal e canto en cercados durante anos?

O potencial económico do turismo natural move, somentes en Inglaterra, tres millóns de persoas ao ano, tres millóns de persoas dispostas a viaxar para ver unha cegoña, para ver un boitre, ou para mirar fugazmente un lobo entre as néboas dunha fría mañá de xaneiro, tres millóns!. A este potencial natural e paisaxistico deberiamos unir o gastronómico, pescudando, dunha vez por todas, a convivencia das nosas razas autóctonas co medio ambiente que as rodea. Namentres, esta Galicia Calidade de pandereta, gasta montes e moreas nun mamotreto chamado Gaiás nas aforas de Santiago, a onde chega un camiño, largamente transitado, que curiosamente ten a amaior parte dos monumentos do seu trazado galego fechados a cal e canto!, cousas veredes, resulta que en todo o percorrido non galego os monumentos pódense visitar, pagando ou non dependendo do caso.

Seguimos apostando por un turismo de sol e praia na costa, me gustaría saber que sol..., pero damos as costas a un interior cheo de oportunidades deixando caer os seus monumentos, e matando vilmente aos seus habitantes (tan galegos coma nós). Namentras, a gandeiría vai para o carallo, pero a culpa é do lobo...claro claro. namentras plantamos eucaliptos...que arde o monte, que máis da, claro claro moi natural todo. Namentras proxectamos unha autovía pola Ribeira Sacra, estamos tolos ou que carallo pasa! ¿Acaso os pobos das contornas das autovías non morreron? Está claro que necesitamos estradas para desprazarnos, pero hai maneiras e maneiras de facelas cousas, se poden facer ben, ou se poden facer mal, e curiosamente nesta terra as cousas fanse non moi ben.


¿Reasilvestrar Galicia? dende logo que sí, rewilding e máis rewilding, pero xa estades tardando!, ¿a qué agardamos? ¿a que veña unha fábrica e facer coches eléctricos? un aeroporto de avios supertecnolóxicos na Limia? veña ho abride dunha vez os ollos, os grandes cambios da humanidade nunca parten do poder político parten do poder do pobo da sociedade. Non agardedes xamáis que os grandes cambios políticos partan dos propios políticos, por que eles son os menos interesados en cambiar o seu postos. pensade na Revolución Francesa, foron os reises os que a puxeron en marcha?, foi o réxime franquista o que trouxo a democracia? foi Salazar o inspirador da revolución dos Cravos? Somos Nós os que temos que cambiar, non eles, se nós cambiamos a eles non lles quedará outro remedio. 




Namentras, cando alguén vos berree "ahí ven o lobo" ou "cuidado co oso" mirade máis alá, seguro que o derradeiro que lles interesa é precisamente a vosa integridade, os lobos desta terra son os lobbys económicos que esquilman os nosos recursos naturais, e soen levar grabata! Esto é como aquilo de que si baixa o PIB berras "Gibraltar Español" e todo solucionado.



Mañá máis e mellor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario