Siareiros

jueves, 21 de abril de 2016

Píntegas aloitadoras.

Xa preto da media noite
dan encomenzo as peleas; 
Os mozos loitan coas mozas, 
Medindo as forzas que teñan 
E n’andan en cumprimentos 
Para botarse por terra. (...) 

Fragmento de "A probiña que está xorda" da obra "Follas Novas" (1880)

Rosalía de Castro escritora galega (1837-1885)


A loita tradicional ou atóctona de Galicia é unha sorte de deporte propio da nosa terra que consiste no abatimento do rival sen o uso de golpes. Este deporte, similar a outras loitas europeas como a Canaria, a Leonesa, Irlandesa ou Británica. 

Os practicantes desta loita, os aloitadores, poden ser homes ou mulleres, e prodúcense combates mixtos, entre homes e mulleres. Co nome de aloitadores tamén se coñece aos domeadores de cabalos salvaxes dos curros galegos.


Hoxe vouvos ofrecer unhas imaxes de dúas píntegas macho aloitando entre eles comportamento do período reproductor característico da especie, que debido aos seus hábitos marcadamente nocturno, non se observa con frecuencia.

Neste caso atopámonos perante dous machos da subespecie Salamandra salamandra gallaica, endémica do cadrante noroccidental ibérico. Os contrincantes foron atopados aloitando nun monte da ría de Vigo (Pontevedra) no pasado outono. Con este comportameno os machos compiten entre sí polas femias, o vencedor será o que conquira reproducirse coas femias, que observarán nel un exemplar forte e axeitado para tal fin. Máis ou menos igual que na nosa sociedade...hahaha





 

4 comentarios:

  1. Llevo intentado no se cuantos meses pillar una escena como esas para el documental y no hay manera. Vaya suerte

    ResponderEliminar
  2. Si, la verdad es que no es habitual verlo, la noche en cuestión creo que era perfecta, primeras lluvias despues de un período seco, temperatura nocturna de más de 14 grados, zona con alta densidad de animales, en fin creo que era el momento...

    ResponderEliminar
  3. E quén gañou, o campión ou o aspirante? ;)

    ResponderEliminar
  4. POis non che sei, por que alí quedaron loitando, nós marchamos e seguñian nela, de todas tiñan femias abondo para os dous, hahaha

    ResponderEliminar