jueves, 9 de junio de 2016

Escáncer ibérico (Chalcides bedriagai) o pequeno gran tesouro herpetolóxico galaico.

Contadas son as bibarras galaicas que contan coa sorte de ter entre os seus habitantes ao escáncer ibérico (Chalcides bedriagai), un dos réptiles de máis escasa distribución da nosa terra e, asemade, un dos menos coñecidos.






Co nome xenérico de escáncer, esgonzo, liscancro, escouparón ou liscáncer son coñecidos en diferentes puntos da Galiza aos réptiles similares a lagartos ou lagartixas de aspecto serpentiforme sen patas (ápodos) ou con extremidades moi reducidas dos xéneros Anguis, Chalcides ou Blanus. De todos eles o que ten menor tamaño e as extremidades máis desenroladas é o escárcer ibérico (Chalcides bedriagai) un endemismo da Península Ibérica como o seu propio nome indica.

O escáncer ibérico ten dous focos de distribución ben diferenciados na Galiza, un achegado á costa e asociado a areais costeiros ben conservados das provincias de Pontevedra e A Coruña. E outro no interior asociado a grandes depresións de maior influenza mediterránea da provincia de Ourense, asociado a áreas de mato mediterráneo arraigado sobre sustratos máis ou menos soltos.






A bisbarra de Monterrei, nos vales fluviais dos afluentes galegos do río Douro, é un dos puntos de maior densidade poboacional da especie na nosa comunidade, que ten ao escáncer ibérico incluído dentro do Catálogo Galego de Especies Ameazadas debido á súa escasa presenza en Galicia. 









Entre as principais ameazas ás que esta especie se enfronta á especie está a urbanización e destrucións dos areais costeiros para as poboacións litorais e os reiterados incendios forestais no caso das poboacións interiores. Estas últimas teñen que brear en ocasións coa intención de construir certas infraestructuras que ameazan con destruir as algunhas das súas escasas poboacións no entorno da cidade de Ourense.









Nas imaxes aparecen varios exemplares fotografados recentemente no concello tamagano de Oimbra, un dos paraísos herpetolóxicos galaicos.




2 comentarios:

  1. Mireino nas dunas das Cíes hai anos, pero ademais faláronme de dous avistamentos (descoñezo se se publicaron como citas)en montes litorais da comarca das Rías Baixas-Baixo Miño: un en Coruxo (como non!)nos anos 80, e outro na zona sur da serra da Groba, no monte da Valga (bastante antiga tamén, penso).

    ResponderEliminar
  2. Existen poboacións insulares en Galicia, de feito moi interesantes e ameazadas, noutro post trataremos a poboación litoral da especie en Galicia polas súas peculiares características. A ver que sae...Moitas grazas por comentar.

    ResponderEliminar