Siareiros

jueves, 7 de abril de 2016

O encoro de Frieira, unha fronteira na Europa do século XXI que debe desaparecer.

"O home razoable adáptase ao mundo; o irrazoable tenta adaptar o mundo a sí mesmo. Así pois, o progreso depende o home irrrazoable"- Greorge Bernard Shaw (1856-1950) -escritor irlandés.

Entre os anos 50 e 60 do pasado século XX, en pleno réxime franquista, foron concedidas gran parte das concesións da explotación hidroeléctrica do río Miño., dando o pistoletazo de saída para a construcción de presas hidroeléctricas en toda a cunca nos anos posteriores. A construcción desas presas non tivo en conta por aque entón a fauna piscícola migradora habitante do río coma salmóns, reos, lampreas, sábalos ou sabogas.





Cando remontamos o río Miño dende a súa desembocadura, na confluencia das provincias de Pontevedra e Ourense, cara a cara os concellos de Crecente e Padrenda, atopamos co primeiro gran obstáculo na cunca do río, o muro de 33 metros de altura do encoro de Frieira. Este encoro, con ningún aproveitamento á marxe da producción hidroeléctrica, supón a barreira infranqueable que impide que as especies de peixes migradoras alcancen dúas das principais subcuncas fluviais da provincia de Ourense, a do Arnoia e a do Avia, históricamente ríos salmoneiros.



Soio a demolición do encoro de Frieira, xa solicitada no ano 2013 pola desaparecida asociación ecoloxista Coto do Frade, suporía a liberalización dunhas cunhas hidrográficas para as poboacións piscícolas da orde de máis de 1500 km2, abrindo para a migración dos salmóns, anguías e lampreas os ríos Arnoia e Avia, co conseguinte beneficio económico para as poboacións que atravesan, como Allariz e Ribadavia.

Supoño que esta iniciativa a moitos vos parecerá unha tolemia propia dun iluso, mais en ocasións, para conquerilo progreso dunha terra hai que aunar forzas á marxe de siglas ou cores políticas, simplemente razoando, entre todos os sectores sociais o beneficio que o desmantelamento do encoro de Frieira tería para unha provincia que sufre coma ninguén o despoboamento e a marxinación económica.






Por último, gustaríame que pecharades os ollos, e que imaxinedes, por un intre, que todo isto se fai realidade, que os ríos Avia e Arnoia verten as súas augas a un Miño libre, que volta a ter o aporte sedimentario que agora ten secuestrado polos encoros, que estades a pasear por Allariz, vendo como os salmóns saltan por fronte da Casa do Coiro, que estades a pasear por Ribadavia, na festa da Lamprea, seguro que este é un soño que entre todos podemos pedir...

A falla de ambición fai en ocasións que metas que nos plantexamos parezan imposibles, mais esta meta que propomos hoxe é totalmente factible, e económicamente totalmente viable, esta é, non o nego, onha proposta ecolóxica, pero seguro que moitos estades con ela, pescadores, hostaleiros das zonas afectadas, habitantes e alcaldes das vilas nomeadas seguro que vedes que as posibilidades do desmantelamento desta fronteira son infinitas, comparte entón si estás dacordo...

1 comentario:

  1. 100% dacordo Alberto. Curiosamente contei isto mesmo no foro galiciaves hai unhas semanas. Penso que hai ao menos 4 encoros "estratéxicos" que sería necesario demoler en Galiza polo seu impacto ecolóxico: Frieira (río Miño, como ben apuntache), A Baxe (Umia), Portodemouros (Ulla, que liberaría a enorme bacía deste río) e Santa Uxía (Xallas, executor do cadoiro do Ézaro). Para os encoros de Abegondo-Cecebre e de Eiras cadanseu remonte para peixes sería desexable, dado que presentan certo atractivo natural. Para as pequenas represas e minicentrais habería que ver caso por caso cales precisan remontes e cales piqueta. Lémbrome da Plataforma Furapresas de Mondoñedo, que bo nome, que boa intención...

    ResponderEliminar