lunes, 4 de abril de 2016

Mantispa, un ser como de outro mundo.

Na derradeira entrada deste blogue falabamos dos "Aliens" galaicos coma aqueles compoñentes alóctonos da nosa fauna e que forman parte dese fenómeno que se da en chamar "invasións biolóxicas". Nerbargantes en Galicia temos sobredos compoñentes que, vistos de perto, ven puideran protagonizar calquera película de serie B ou ciencia ficción.

Cecais un dos compoñentes máis descoñecidos da entomofauna galaica seña a Mantispa (Mantispa styriaca), con apenas un puñado de rexistros nas provincias de Ourense, Lugo e Pontevedra, trátase dun insecto a todas luces pouco detectado na nosa terra.

A mantispa, a pesar do seu aspecto externo, non ten nada a ver non cas avespas nin cas mantis, trátase dun insecto pertencente á orden dos neuroptedos, coma as crisopas ou as formigas león. Insecto depredador de entre 1 e 3 cm, as poutas, similares ás das mantis, son eficaces armas para a captura dos pequenos insectos dos que se alimenta. 

Os seus hábitos crepusculares e nocturnos unido ao seu pequeno tamaño, dificultan enormemente a súa observación, o que fai que a súa distribución seña pouco coñecida. Groso modo a especie aparece polo Sur e Centro do continente europeo. Na península Ibérica, ademáis de en Galicia, a especie está citada en puntos aillados na maior parte do territorio.

O aspecto exterior aparentemente similar a unha mantis, débese a un fenómeno coñecido coma "converxencia evolutiva", mediante o cal, fronte aos  mesmos requerimentos ecolóxicos, dúas especies sen parentesco algún adquiren extratexias de supervivencia e morfoloxías similares.











No hay comentarios:

Publicar un comentario