lunes, 11 de abril de 2016

Largartixas dos penedos de Cíes.

Os arquipélagos, son ecosistemas insulares, verdadeiros laboratorios bioxeográficos, sen os que seguramente a historia da evolución tería tardado moito máis tempo en vela luz. A costa galega está salpicada por un bom número de ínsuas, algunhas delas protexidas baixo o amparo do Parque Nacional das Illas Atlánticas, sendo un dos arqipélagos que o compoñen as "Illas Cíes", situadas na bocana da ría de Vigo e pertencentes administrativamente ao concello homónimo.

As illas Cíes son coñecidas polas súas praias coma o principal destino turístico estival de Vigo, nerbargantes a súa protección venlle outorgada polos seus valores naturais, principalmente relacionados coas poboacións de aves mariñas que nidifican no arquipélago. 

Xa falamos nunha ocasión das singulares poboacións herpetolóxicas que caracterizan a estas illas, hoxe imos achegarnos á poboación de lagartixa dos penedos (Podarcis guadarramae lusitanica) que habita en Cíes.

En tempos as poboacións de lagartixas dos penedos habitantes da Iberia e o Norte de África eran consideradas unha única especie, Podarcis hispanica, sucesivas revisións amosaron unha realidade que xa moitos intuían, que baixo o paraugas da denominación  Podarcis hispanica, se agochaban varias especies diferentes, coas súas respectivas subespecies. Así, as lagartixas ibéricas do Noroeste peninsular pasaron a denominarse Podarcis guadarramae, sendo a lagartixa dos penedos (Podarcis guadarramae lusitanica) a subespecie máis noroccidental desta. A pesares desta rebolución, parece que a situación taxonómica do complexo Podarcis hispanica está lonxe de solucionarse, e pode haber sorpresas aínda. 






A lagartixa dos penédos habita na maior parte de Galaecia a excepción do tercio máis septentrional, esta subespecie endémica ten poboacións insulares en varios arquipélagos galegos, entre eles o de Cíes. Estas lagartixas, en xeral bastante semellantes ás do continente, soen ser dun tamaño algo maior, e cunha pigmentación máis marcada. O aumento de tamaño en réptiles habitantes de ecosistemas insulares é un feito bastante habitual probocado pola falla de depredadores, e ten multitude de exemplos arredor do mundo, coma as tartarugas das Illas Galápagos ou os lagartos xigantes das illas Canarias.

Debido á relativa xuventude dos arquipélagos galegos (separados do continente durante as glaciacións), as diferencias entre as poboacións de herpetos continentais e insulares da mesma especie están aínda en pleno proceso de diverxencia, razón de máis para tratar de protexelas coma o que verdadeiramente son, un valioso laboratorio natural da evolución á porta mesma da nosa casa.

Nas imaxes, unhas cantas lagartixas de Cíes, polo momento Podarcis guadarramae lusitanica...














No hay comentarios:

Publicar un comentario