martes, 10 de noviembre de 2015

Fauna da Gallaecia, unha proposta bicheira alternativa.

Moitos de vós seguramente me coñecedes xa do meu anterior blogue, www.faunaourense.blogspot.com 
unha obra que me repesentou, a ratos, durante unha parte importante da miña vida. Hoxe preséntovos unha nova proposta, desta volta, Fauna da Gallaecia, que nace cunha filosofía similar a anterior, máis cun marco xeográfico diferente, moito máis amplo.
 
Gallaecia, foi a provincia romana do Noroeste ibérico, habitada por pobos indoeuropeos de lingua céltica. Da verba Gallaecia derivaría o actual nome de Galicia ou Galiza, máis o territorio da provincia romana sería moito maior que o da actual comunidade autónoma. Para o estudo da fauna desta parte da Ibería considero fundamental a contextualización e achega dos datos dos territorios veciños, razón pola que o marco xeográfico considerado neste blogue será o territorio da antiga provincia romana, que comprendería a actual Galicia, Asturias, León, Zamora e o Norte de Portugal até o río Douro, por razóns puramente bioxeográficas.

Comezaremos en breve a achega de información que agardo sexa do voso agrado, e que poña de manifesto a a riqueza faunística, histórica e actual, do cadrante noroeste da Iberia.




3 comentarios:

  1. Obrigado por ires falar da fauna deste espaço natural e cultural do noroeste ibérico!! :-)
    Se quiseres usar, seja para obter info sobre a biodiversidade deste território ou for para contribuires como usuário à acumulação de informação como bem comum, apresento-che o web www.biodiversidade.eu. Apertas! Miguel Serrano

    ResponderEliminar
  2. Grazas Miguel, tratarei de participar coa vosa web agora que xa retomei a actividade bicheira. Un Saúdo!

    ResponderEliminar
  3. Por fortuna, cada vez menos nossa, e pouco a pouco mais de todas. :-)

    Um saudinho!!

    ResponderEliminar