Siareiros

viernes, 20 de noviembre de 2015

Sapos cunqueiros da Ría de Vigo.

Houbo un tempo no que se consideraba que a Gallaecia estaba habitada por duas subespecies do Sapo común europeo (Bufo bufo), a subespecie nominal no extremo Norte, B.b. bufo e a subespecie do Sul da Europa e Norte de África, B. b. spinosus, no resto da área considerada por este blogue. A día de hoxe considérase a esta última coma unha especie por dereito propio, e a súa área de distribución atinxe  á totalidade da superficie da Gallaecia. Así o sapo espiñento (Bufo espinosus), ou sapo cunqueiro (vernáculo galego amplamente utilizado na zona) é o único presnete na nosa terra. Esta nova especie caracterízase polo seu gran tamaño (sobre todo as femias) e por posuir glándulas apuntadas espalladas por todo o corpo, que lle dan o seu nome científico.

Trátase dun dos nosos anfibios máis frecuentes, pero cunha certa tendencia ao decrecimento poboacional debido ao atropelo masivo de exemplares nas estradas e ao uso indiscriminado de pesticidas.

Nas imaxes aparecen varios exemplares observados nos derradeiros meses de setembro e outubro na área da ría de Vigo.























No hay comentarios:

Publicar un comentario