martes, 27 de octubre de 2020

A riqueza da Serra da Groba está rente ao Chan (2ª parte: o descubrimento do escáncer ibérico e os réptiles).

 Corría o mes de setembro de 2016 cando o grupo de estudo da sección galega da "Asociación Herpetológica Española" (AHE-Galicia) estaban a realizar unha nova mostraxe da herpetofauna da serra da Groba. O que podería ser un día máis de datos transformouse nun día memorable ao atopar un exemplar xuvenil de escáncer ibérico (Chalcides bedriagai), primeiro rexistro para a zona e realizado xusto onde hoxe queren plantar unha estación metereolóxica de 80 metros, xermolo do que será unha serie de muiños de producción eólica (até 44) que destrozarán os cumios da serra baixo o nome de Proxecto Albariño.


O escáncer ibérico é un réptil endémico da Península Ibérica cunha distribución moi escasa en Galicia, restrinxida a un puñado de poboacións situadas na franxa costeira, algunha das illas Atlánticas e certas bisbarras de clara influencia mediterránea en Ourense. A mera presenza desta especie debería ser máis que suficiente para paralizar calquera proxecto que afectase ao seu hábitat natural, como de feito o fará o proxecto de Acciona, permitido pola Xunta de Galicia e os seus cómplices necesarios na serra da Groba. 


O constante rexistro que dende hai naos levamos facendo na serra da Groba permítenos asegurar que neste singular espazo natural se atopan un mínimo de 15 das 26 especies de réptiles presentes en Galicia. 



Todas as especies de réptiles, como as de anfibios, están protexidas, porén algunhas delas teñen unha protección máis elevada debido ao seo grao de ameaza ou polo reducido da súa área de distribución natural. Tal é o caso, ser ir máis lonxe, do nomeado escáncer ibérico (Chalcides bedriaga) que está incluído no Catálogo Galego de Especies Ameazadas coa categoría de Vulnerable (En Perigo no caso das poboacións insulares e coruñesas, grao de ameaza que debería extenderse ás poboacións costeiras galegas , incluíndo as da Groba segundo o noso parecer.). Ademáis a especie está considerada como case ameazada no contexto español e incluída na Lei 42/2007 do 13 de decembro, del "Patrimonio Natural y la Biodiverdidad" no anexo V (especies animais e vexetáis de interese comunitario que requiren unha protección estrita). 

Pero temos 14 especies máis de réptiles, e pasamos agora a nomear todas e cada unha delas e o seu grao de protección.

Escáncer común ou tridáctilo (Chalcides striatus). Relativamente frecuente na serra 

Liscanso (Anguis fragilis) frecuente en toda Galicia e tamén na serra da Groba.

Lagarto das silvas (Lacerta schreiberi) réptil endémico da Península Ibérica e un dos teusouros herpetolóxicos de Galicia. presencia escasa na serra da Groba, moi afectado polas plantacións sistemáticas de monocultivos forestais.  

Catalogación:

Categoría mundial : case ameazada NT

Categoría España: casi ameazada NT

Ley 42/2007 do 13 de decembro del Patrimonio Natural y la Biodiversidad: Anexo II (especies animais e vexetais de interese comunitario para cuia conservación é preciso deseñar zonas especiais de conservación) e V (especies animais e vexetais de inetrese comunitario que requiren unha protección especial). 


Lagartixa dos penedos (Podarcis guadarramae lusitanica) especie endémica ibérica con relativamente frecuente na serra da Groba. considerada coa categoria de preocupación menor no contexto español. 


Lagartixa galega (Podarcis bocagei) especie endémica da Península Ibñerica relativamente frecuente na serra da Groba. 

Catalogación:

Categoría España: Preocupación menor LC



Lagartixa rabuda (Psammodromus algirus) relatiamente escasa na serra da Groba. En aparente regresión no contexto das Rías Baixas. Considerada como preocupación menor en España. 

Lagarto arnal (Timon lepidus) o maior lacértido europeo e unha das especies máis características  da Groba, frecuente especialmente nos cumios da serra. Considerado en España como "preocupación menor".



Serpe riscada (Zanemis scalaris) especie escasa na serra da Groba con poucos rexistros. Considerada como preocupación menor en España.

Cobra lagarteira común (Coronella austriaca) moi escasa na serra da Groba, con moi poucos rexistros. Considerada como preocupación menor en España. en clara regresión na maior parte da súa área de distribución natural.


Cobra lagarteira meridional (Coronella girondica) relativamente frecuente. 

Cobra rateira (Malpolon monspessulanus) o maior réptil do país, escasa no conexto da serra da Groba. preocupación manor en españa.

Cobra viperina (Natrix maura) unha das especies máis frecuentes da serra, especialmente nas charcas, turbeiras e regatos dos cumios da serra, moi dependente das poboacións de anfibios alí existentes. Preocupación menor en España. 


Cobra de colar mediterránea (Natrix astreptophora) presente nos ecosistemas acuáticos dos cumios da serra da Groba, en Clara regresión no contexto galaico e nas Rías Baixas. Considerada preocupación menor en España. 

 

Víbora de Seoane (Vipera seoanei) especie endémica ibérica moi escasa na serra, con apenas un puñado de rexistros, algúns deles exemplares melánicos no nacimento do río Groba.. Considerada como preocupación menor en España. 


Unha vez máis compróbase o escaso compromiso da Xunta de Galicia e outros elementos da sociedade galega para coa conservación do patrimonio natural do país. Unha vez máis vemos como especies ameazadas ven o seu hábitat destruído polo ánimo de lucro duns poucos, moi poucos en realidade. Plantificar un campo eólico na serra da Groba é en sí mesmo un crime moi dificil de xustificar, imperdoable. Seguiremos informando. 



1 comentario:

  1. Entre setmbro do ano 1987 e agosto de 1992, ANABAM levou a cabo un traballo de campo denominado ATLAS DOS RÉPTILES DO BAIXO MIÑO. Grazas a ese traballo, o 2 de outubro de 1990 foi observado un individuo de escáncer ibérico na cadrícula UTM: X511, Y4649, na Valga, ou sexa na Serra da Groba. O 16 de abril de 1994, noutra actividade de campo, observamos tamén un exemplar nos arredores da ermida de San Martiño. O 23 de abril dese mesmo ano, 1994, volvemos observar outro exemplar na cadrícula UTM citada anteriormente. Todo iso foi reflectivo nun monográfico editado por ANABAM (Monografías da Asociación Naturalista "Baixo Miño" Nº 8, publicción do ano 1994).

    ResponderEliminar